Conversas, 5 de marzo do 2024 – Hai pouco más dun mes falabamos con Juan Gómez-Jurado, un dos autores máis vendidos da historia da novela negra española e cuxas obras foron traducidas a máis de corenta linguas.
A pasada semana estreábase a serie de televisión inspirada no universo Reina Roja que esta sendo a máis vista de Amazon en España, a número dúas en Estados Unidos e a terceira a nivel mundial. Un éxito no que Juan Gómez-Jurado tivo tamén moito que ver.
Coa conversa con Juan Gómez-Jurado quixemos saber un pouco máis da persoa que hai tras o escritor. Alguén que viviu varios anos en Compostela e que aínda conserva vínculos persoais moi fortes coa cidade. Un home cunha exposición moi forte en redes sociais e que, con todo, mantén a súa intimidade a salvo.
Comezamos preguntando por ese paradoxo, esa capacidade de reservar a súa vida persoal mantendo unha presenza tan permanente nos medios. Gómez-Jurado explica que para el o “escritor persoa” é irrelevante, que a obra está por riba del e máis aínda a difusión da cultura.
Ë habitual vernas súas redes como entra en librerías a comprar e aproveita a asinar algúns dos seus volumes. Máis alá de ese interese pola difusión da cultura está a propia paixón do autor polos libros, polo feito de ler. Unha sensación que “so entenderá o que a experimentara en persoa”.
As novelas de Juan Gómez-Jurado son obras nas que un atopa unha impresionante labor de documentación, uns personaxes complexos definidos ao longo de todo o libro, unha historia calculada ao milímetro… un pregúntase como se sinte o autor ao remate de semellante traballo e a resposta e inmediata e rotunda “esgotamento”.
Reina Roja é un universo de sete novelas que poden ser lidas de xeito independente pero que, inevitablemente, fan que o lector queira máis. Gómez-Jurado explica que a orde na que se lean poden condicionar a experiencia, pode levar ao lector a volver a algunhas das novelas creando un novo itinerario, un novo universo.
Juan Gómez-Jurado viviu en Compostela dez anos e, como dicíamos, conserva lazos persoais moi fortes. Preguntámoslle o que é a cidade para el, unha cidade á que “ama”.
Un podería estar todo o día falando, ou deixando falar, a Juan Gómez-Jurado. Fala desde a honestidade e iso sorprende as veces xa que o que di é mais unha reflexión que unha resposta.
Conversando con el un entende mellor a complexidade do universo Reina Roja, é unha prolongación da imaxinación do autor. O día que estivemos con el pasara moi mala noite e estaba acatarrado pero en ningún momento deixou de implicarse na conversa, máis do que farían moitos, e por iso desde Lindeiros queremos amosar o noso agradecemento.
Juan Gómez-Jurado é un escritor que ten moito por ofrecer aos amantes da novela negra, teremos que esperar a que se recupere do esgotamento pero sen dúbida, antes o despois, volverá a sorprendernos cunha nova obra da que namorar.