Conversas, 4 de outubro do 2023 – Gabriela LLanos é unha arxentina afincada en España desde pequena e que ven de publicar “Cuando fuimos inmortales” unha novela que ten como telon de fondo a música dos 90’, a vida dos músicos daquela década e unha historia de familia e amor.
Gabriela leva moito percorrido. Periodista, locutora de radio, road manager de artistas, profesora de escritura creativa e autora de “Facundo Cabral: crónica de sus últimos días”, a novela “Viejo Caserón de San Telmo”, ademais de participar en distintas antoloxías de contos e presentar agora “Cuando ffuimos inmortales”.
Comezamos a conversa preguntando precisamente por esa variedade de facetas nas que ten traballado, queremos saber como se define Gabriela Llanos. Ela desde pequena tiña claro que era escritora.
Non nos resistimos ao tópico do arxentino que non deixa de falar e se iso facilita a escritura. O certo é que a influencia está aí e Gabriela sempre a inclúe nas súas novelas.
“Cuando fuímos inmortales” é a historia dunha vella gloria da música dos 90’. O protagonista é de Carballo, foi todo na música española pero antes do concerto máis importante da súa carreira desparece. O libro ten unha playlist con música de aquela década. Falamos de si época é a gran esquecida do século pasado tendo en conta que hai moi boa música en aqueles anos.
O protagonista está nunha cadeira de rodas despois dunha vida, as veces, ao límite. Gabriela LLanos fixo unha importante labor de documentación pero ademais a novela ten tamén unha parte do que ela viviu aqueles anos.
Como comentamos ao principio, Gabriela é profesora de escritura creativa. Preguntamos por como se enfronta ao traballo de escribir, como aplica as ferramentas que da aos seus alumnos, se a disciplina pode que sexa o máis importante
Atopamos en Gabriela Llanos unha excelente conversadora. A súa voz de locutora ten o ton xusto para que un poida centrarse na conversa e illarse do entorno. Acábase coa sensación de que o tema da igual, que un podería estar conversando todo o día e de todo.
“Cuando fuimos inmortales” é unha interesante obra que, ademais de entreter, descubrirá, para os que non a viviron, unha época chea de boa música pero agochada detrás do espectáculo dos 80’ e os sobrevalorados 2000. Gabriela LLanos lévanos da man dun galego, o protagonista, a un momento moi interesante da historia da música. Non deixedes de viaxar ata alí lendo esta novela.