Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas

Conversa con Borja Verea, voceiro do Partido Popular de Santiago

Con esta conversa con Borja Verea completamos a serie de entrevistas aos líderes dos partidos con representación no concello de Santiago.
pp-santiago-borja-verea-slide-25-setembro-2019_r

Conversas, 14 de marzo do 2024 – Con esta conversa con Borja Verea completamos a serie de entrevistas aos líderes dos partidos con representación no concello de Santiago.

A vindeira semana engadiremos tamén unha conversa con Aitor Bouza do Partido Socialista que, sen ser concelleiro, foi elixido tras as eleccións municipais secretario da agrupación socialista de Compostela.

O Partido Popular recuperou terreo nas últimas eleccións municipais cuns resultados que o colocaron como a forza máis votada pero sen maioría absoluta. Borja Verea conseguiu once concelleiros e considera que é un punto de partida, unha opción real de gobernar, para dentro de catro anos.

Os populares comezaron a facer oposición o mesmo día da toma de posesión, convocando aos medios nun salón anexo a aquel no que se celebraba o acto. Borja Verea non cuestiona a lexitimidade do goberno municipal pero lembra, sempre que pode, que o sentido común era que foran eles os que formaran goberno.

Non ter a maioría nun goberno pode complicar moito o traballo xa que nada garante que as propostas que leves a pleno saían adiante. Preguntamos se, no caso de gobernar, sería capaces de chegar a acordos.

Esta entrevista realizouse tras a reunión da Xunta de Galicia co concello na que se tratou o aparcamento do clínico. Borja Verea asegura que si el fose alcalde o aparcamento estaría xa en marcha.

Sorprende que Borja Verea non considera a proposta do goberno municipal como de mobilidade. Pese as melloras no transporte urbano, a ampliación de prazas de aparcamento ou a remodelación da rotonda de acceso o voceiro popular considera que a única proposta é a da parcela do CIMUS, ao mesmo tempo recoñece de forma implícita que a proposta que eles fan é tan só para a parcela do clínico e non para a contorna.

En calquera caso as propostas son sempre a medio ou longo prazo e tampouco atopamos en Borja verea solucións para arranxar o problema actual. Recoñece de todos xeitos que unha vez tomada a decisión sobre o aparcamento a parcela do CIMUS podería ser un arranxo provisional.

A conversa sobre o clínico consumiu moito tempo pero non queríamos rematar sen falar dunha situación que todos parecen obviar, a da Casa da Xuventude. Partido Popular e BNG querían derrubala polo que os votos serían suficientes pero Borja Verea deixa  claro que o apoio ten que ser de todo o goberno municipal.

Quedan cousas por falar e catro anos por diante para facelo. Si hai algo que se pode recoñecer a Bora Verea é que non escapa ás preguntas directas e responde a todo, algo de agradecer. O equilibrio entre Xunta e concello sempre foi complicado e a medida que o mandato avance veremos como se resolven moitos dos temas da cidade o como quedan apartados nunha beira do camiño. Os Populares polo de agora miran xa ás seguintes municipais.

Post navigation

Previous: O parque comarcal de bombeiros máis cerca de converterse nunha realidade
Next: De Lugares e Órganos volve a Compostela desde o 24

Máis novas

Pela del Álamo na inauguración da edición 23 de Curtocircuíto, xullo 2026
3 minutes read
  • Xeral

Parolando con Pela del Álamo, director de Curtocircuíto

Baldur Brönnimann director da Real Filharmonía de Galicia
3 minutes read
  • Entrevistas

Musicas na Linde: Baldur Brönnimann, director da Real Filharmonía de Galicia

_017Filomena Fraga DSC_0367 slide_r
3 minutes read
  • Entrevistas

A poeta de Ames, Filomena Fraga, é centenaria

Cartel que da paso a exposición Antifémina no Auditorio de Galicia
5 minutes read
  • Axenda

Antifémina Colita, unha exposición imprescindible no Auditorio de Galicia

656257317_1346273547534341_7414503957979043995_n
3 minutes read
  • Compostela

Parolando con Rosa Crujeiras, Reitora da Universidade de Santiago de Compostela

Un dos momentos da deustación de arroz de Valencia no Café de Altamira
2 minutes read
  • Axenda

Arroz con nome propio no Café de Altamira

Elena Bernardez presidenta xunta de confrarias
3 minutes read
  • Axenda

Parolando con Elena Bernárdez, presidenta da Xunta de Confrarías

touro dario rey slide
4 minutes read
  • Entrevistas

Parolando con Darío Rey, concelleiro de medioambiente de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.