Conversas, 3 de abril do 2024 – Aitor Bouza asumiu o pasado mes de outubro a dirección do PSdeG en Santiago de Compostela. Foi elixido secretario xeral da agrupación sen que se presentara ningunha candidatura alternativa.
As eleccións, municipais e autonómicas, deixaron un panorama complexo para o partido a nivel xeral pero tamén a nivel local. O feito de non estar nin no parlamento nin no concello fai que o papel de Aitor Bouza sexa sempre desde fora e isto so reforza as teses de algúns sobre a divisón interna da agrupación que, en realidade, se remontan a moito tempo atrás.
En este escenario quedamos con el na sede de Ramón Cabanillas, unhas paredes que se falaran sen dúbida terían moito que contar. Comezamos pedíndolle unha valoración das eleccións autonómicas; uns resultados que asumen como malos pero apelando a tese do partido de que non se tivo tempo de presentar ao candidato.
Cando desde o PSdeG fálase da necesidade de dar tempo a Besteiro, para que constrúa e volver a presentarse dentro de catro anos, hai voces que lembran o sucedido con Gonzalo Caballero ou mesmo, máis atrás, con Emilio Pérez Touriño. Pedímoslle a Aitor Bouza a súa opinión sobre estas dúas posturas.
A nivel local a situación e tamén de decepción despois dos resultados das municipais de maio pasado. Segundo a quen pregunte un pode atoparse coa ilusión da renovación na directiva ou o malestar por non ter contado cunha parte dos afiliados. Unha división que non é nova en Compostela e para que as respostas de Aitor Bouza son tamén previsibles, en catro meses non da tempo a cambiar moito.
Hai unha pregunta recorrente canda vez que cambia algo no PSdeG local, entrará no goberno municipal? A coalición formada por BNG e Compostela Aberta deixou claro que a porta estará aberta todo o mandato. A boa sintonía na aprobación dos orzamentos, coa presencia de Aitor Bouza nas negociacións, parecía marcar unha tendencia pero só foi un espellismo.
Ten razón Aitor Bouza cando di que levan pouco tempo como para poder ofrecer resultados. A división interna na agrupación local é unha realidade pero non é menos certo que non hai nada novo e que en todas as casas hai mais dunha idea de proxecto.
Este mandato ten moitos retos que van desde Peleteiro á empresa municipal de vivenda ou solucións de aparcamento para os hospitais. O PSdeG é unha peza fundamental estea na oposición ou no goberno xa que sen o seu voto nada sairá adiante.
En eses dous espazos teremos que fixarnos nos vindeiros meses, o interno do partido e a relación co concello, dous espazos que se tocan nun grupo municipal no que Aitor Bouza non está.