займ срочно

Conversa con Edmundo Díaz; personaxe e autor de “Mamá”

0

Compostela, 13 de abril do 2023 – Conversamos co autor de “Mamá”, Edmundo Díaz; un ourensán de nacemento, compostelá de adopción e na actualidade andaluz por empadroamento.

“Mamá” é unha novela que camiña entre o romanticismo e o drama, que provoca unha bágoa que nunca acaba de caer e que mantén a tensión no punto xusto de interese; sen o, as veces, aburrimento costumista nin os excesos dos guións.

Edmundo Díaz é, pola súa banda, un personaxe dentro e fora da novela. Sempre atento ao que escoita e sempre cunha resposta preparada que, en moitas ocasións e como bo galego, concrétase en forma de pregunta.

“Mamá” é a súa propia historia, a do autor; a da rotura coa súa nai; a dunhas cartas que demostran o que as aparencias poden enganar;  a da súa vida en Compostela. Citámonos nunha das rúas polas que tanto paseou nos convulsos anos oitenta. “Mamá” é un libro de momentos, avanza a base de escenas que sitúan ao lector en decorados que van cambiando; Edmundo Díaz cóntanos que quixo facer unha obra emotiva e emocionante.

Nas súas anteriores obras Díaz pasou por xéneros como a novela negra ou a histórica. Esta parécenos unha peza melancólica o que nos confirma argumentando que é galega polos catro costados, que nunca escribiu unha novela tan galega.

En certo modo este é un libro de auto axuda pero para o autor, unha forma de reparar vellas feridas da alma e coser algunhas lembranzas rotas

“Mamá” descóbrenos ademais a un Edmundo Díaz cunha obsesión por escribir, por contar historias que acabou por concretarse co conseguinte enfado da súa nai

Para o autor este libro era unha conta pendente. Recoñece que non podía saldala mentres a súa nai vivira pero consciente  de que en algún momento tería que sentarse a escribir. Con todo, Díaz destaca que se trata dunha obra con drama, inevitable, pero que tamén ten humor.

Non podemos rematar sen preguntar por aqueles anos en Compostela. O libro pivota entre Ourense e Santiago e, si un viviu aquí por aquel entón, non pode evitar pensar a dobre cara que tiña a cidade do Apóstolo. Para Edmundo Díaz, pese a esa cruel realidade, era un lugar cheo de luz.

Poderíamos falar con el todo un día, o autor sabe escoitar e gústalle saber. Ao mesmo tempo conta o que sinte e pensa con honestidade. Edmundo Díaz é un conversador nato e “Mamá” é de algún xeito unha conversa entre o lector e o escritor. Unha historia que recomendamos pola súa beleza e sinceridade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies