Compostela, 24 de abril do 2023 – A Cámara de Comercio de Santiago comezou unha nova etapa hai catro anos. Si descontamos a pandemia, o camiño andado foi enorme e situou á entidade ante un futuro prometedor.
A Cámara renovaba a súa Xunta Directiva o pasado mes de febreiro e en ela atopamos a representantes de algunhas da empresas máis punteiras da cidade. A fronte unha muller, María País.
Falamos con María País na sede da Cámara, no polígono Costa Vella. Un oco de tempo que custou atopar, entre outras razóns, pola comprimida axenda de María que, ademais, acaba de ser nai.
Comezamos falando de esta nova etapa na que a renovación da dirección foi case total. María País é optimista pero ao mesmo tempo pide prudencia para analizar o momento actual. Recoñecer o traballo realizado pero ter os pes na terra para o que queda por facer.
Na nova directiva da Cámara de Comercio están empresas como CLUN, Galuresa, Quatrium ou Trameve. María explica que o que se buscaba era que fora unha representación máis realista da industria de Santiago e comarca.
A Cámara buscará en esta etapa apoiar ao comercio local pero ao mesmo tempo atraer á cidade novas empresas. Desde esa perspectiva fai falta o apoio das administracións para que necesidades como o solo ou as licenzas sexan algo doado de conseguir e fagan de Santiago unha cidade atractiva para os inversores.
María País é tesoureira na Asociación de Empresarios do Tambre. A colaboración é parte fundamental do proxecto e ter claro o papel que teñen que xogar os polígonos que non debería ser converterse nun centro comercial aberto como sucedeu na Sionlla
Ademais de manter a viabilidade económica a Cámara de Comercio traballa en retos futuros coa Universidade, no eido hospitalario, e distintos sectores, como o da madeira, para fortalecer o tecido industrial da cidade.
O apoio das administracións é fundamental para a continuidade da Cámara. Tratase dunha aposta segura xa que si o volante o levan directivos de empresas de éxito contrastado, os últimos catro anos o ente demostrou a súa eficiencia, non parte de cero.
María País é unha persoa que combina a seguridade e coñecemento no que di cunha prudencia imprescindible no eido empresaria. Unha excelente presidenta para un dos mellores organismos que ten Santiago e, as veces, non suficientemente valorado.