Compostela, 29 de decembro do 2022 – Desde hai anos Compostela ten un empresa municipal, Incolsa, encargada de xestionar todo o que ten que ver co turismo na cidade, desde a promoción ata atender aos que visitan Santiago.
Flavia Ramil leva en Incolsa desde o comezo no ano 2.000. En 2016 accede ao cargo de Xerente polo que leva 22 anos vinculada ao turismo da cidade. Si algo a define é a prudencia, unha boa virtude para alguén que tivo que traballar con concelleiros de todo tipo nas tres últimas lexislaturas.
O turismo require dunha planificación a medio prazo como pouco e Flavia recoñece que tiveron sorte xa que os sucesivos concelleiros foron entendendo o traballo que se facía desde Turismo de Santiago
Compostela ten dúas áreas de traballo moi concretas. Por un lado os peregrinos e por outro o ser unha cidade patrimonio da humanidade. Nos últimos dez anos o esforzo foi encamiñado a converter a Santiago nun polo de atracción cultural
O que demandan os mercados e a oferta que se quere ofrecer é coincidente en moitas ocasións. Desde hai anos Flavia Ramil visita algunhas das melloras feiras de turismo do mundo e comproba como evolucionan as peticións dos visitantes
Hai un debate que se escoita de cando en vez en múltiples espazos. Saber se interesa máis o turismo peregrino ou o do patrimonio e ao mesmo pensar si é preciso renunciar a un deles. Flavia cre que hai sitio para todo
O turismo foi un dos sectores máis golpeados pola pandemia por razóns obvias. A recuperación en Compostela foi boa e se no 2021 dou pasos lentos en este ano colleu velocidade de cruceiro con máis de tres millóns de pasaxeiros pasando polo aeroporto. Preguntamos por esa recuperación e tamén polas perspectivas para o vindeiro ano
Non podemos marchar sen saber onde lle gusta viaxar a Flavia Ramil.
A Xerente de Turismo de Santiago aporta o grao de continuidade que precisa un trabllo como o de turismo. O feito de levar máis de 20 anos faina posuidora dunha experiencia imprescindible para os responsable políticos que teñen que tomar decisións. Detrás da boa evolución do turismo en Compostela está o traballo discreto que se fai desde Incolsa. Os vindeiros anos, xa sen Xacobeo, é moi posible que se comece a valorar un pouco máis ese esforzo.