Compostela, 2 de xaneiro do 2022 – Conversamos con Encarna Otero que ven de publicar Mulleres en Compostela, un proxecto conxunto con El Patito Editorial e no que colabora o concello de Santiago.
Trátase dun libro que narra a historia de 19 mulleres, en moitos casos descoñecidas para os actuais veciños de Compostela. O proxecto conta ademais ten unha web, na que Encarna Otero pasea polos espazos nos que esas mulleres viviron, e unha unidade didáctica pensada para que as xeracións futuras non as esquezan.
Por si non fora dabondo, o traballo nútrese das ilustracións de Luís Ruíz Padrón, no libro, e de Fausto Isorna na unidade didáctica. Unha proposta que podería crecer no futuro xa que Compostela é territorio de mulleres e estas son tan só unha parte delas.

En realidade estas Mulleres de Compostela son 19+1 xa que Encarna Otero podería formar parte do libro. Feminista comprometida desde a adolescencia, exiliada en Toulouse, mestra de instituto, concelleira de cultura… a vida de Encarna da tamén sen dúbida para un libro. Encarna deixou a súa pegada aínda en este volume aínda que fuxe do protagonista falando dun traballo colectivo.
Compostela é unha cidade de mulleres. As leiteiras, as lavandeiras, as cociñeiras… máis alá das reflectidas en este traballo hai un sentimento feminino en cada recuncho da vila.

O que mostra Mulleres en Compostela é algo que aparece cada vez que se conversa sobre a cidade cos que a habitan, Compostela ten unha historia que hai que recuperar. Non é tanto que sexa unha historia oculta como que é unha historia esquecida.

Si a estas alturas da conversa o lector non ten xa gañas de saber máis de esas mulleres podemos ofrecerlle unha pincelada do que atopará en este libro. Escoitar a Encarna Otero falar da historia de Compostela é volvela a vivir. En este caso e retroceder no tempo e meterse na pel de quen construíu o que hoxe é Santiago.
Unha parte importante de este proxecto é a unidade didáctica. A previsión é que sexa presentada este mes de xaneiro e suporá unha ferramenta para contar ás vindeiras xeracións a historia de estas mulleres que é a historia de Compostela

Encarna Otero forma parta da nosa historia por dereito propio. Xa sexa na súa faceta política como na de educadora; tamén como historiadora e feminista, e como colaboradora en moitos espazos que van desde a radio ata institucións como o Museo do Pobo Galego. Ela di que o único que fai é devolver tanto como recibiu.


Poderiamos estar de conversa todo un día e Encarna Otero seguiría sacando do peto historias, anécdotas, vidas e acontecidos sobre Compostela e a súa xente. A través dela un descobre que Santiago é unha cidade por contar e por iso traballos como Mulleres en Compostela son algo máis que un libro o unha web. Se non tedes aínda pensados os agasallos de reis esta é unha das mellores opcións de este ano. Do mesmo xeito contar con Encarna Otero en Santiago é un gran agasallo para a cidade.
