займ срочно

Conversa con Belén Hernández, Xerente do Consorcio de Santiago

0

Compostela, 13 de febreiro do 2023 – Belén Hernández é a xerente do Consorcio de Santiago, un dos entes, a priori, máis complexos de manexar xa que reúne ás tres administracións.

O Consorcio, ferramenta de execución do Real Padroado da cidade, ven de cumprir 30 anos.  Ten un orzamento para o 2023 de máis de 9 millóns de euros. Con eses cartos o equipo de Belén ten que manter o que hai, recuperar o que se poida, formar e organizar eventos de todo tipo ademais de dirixir á Real Filharmonía de Galicia.

A xerente chegou a Galicia desde Madrid pero é rioxana. Enxeñeira agrómana pola Politécnica de Madrid con cursos de posgrao en esa mesma cidade e en Dublín.

Traballou no seu campo ata que aprobou as primeiras oposicións de enxeñeiros á Xunta de Galicia. Incorporouse á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, cando foi creada e participou na súa posta en marcha.

Posteriormente chegou a ser subdirectora xeral de infraestruturas agrarias, dependente da Consellería de Medio Rural. Exerce de Xerente do Consorcio desde hai 8 anos.

O Consorcio leva 30 anos mantendo o patrimonio de Compostela. O mesmo tempo foi incorporando novidades que o melloran como sucedeu nos últimos tempos coa chegada da fibra óptica. Dúas partes dun mesmo traballo pero que requiren dunha xestión distinta pero igual de importante.

Belén recoñecese “fan” da planificación. O Consorcio precisa dun traballo que vaia máis alá das eleccións e dunha visión a medio prazo, unha organización que permita anticiparse aos problemas nun área tan complexa como a que manexa

Esa planificación conleva algo aínda máis difícil. No Consorcio conflúen as tres administracións (nacional, autonómica e local) e hai que poñelas de acordo no traballo a desenvolver. Para a xerente este é unha das tarefas menos coñecidas pese a ser das máis importantes.

Entre o mantemento e a recuperación aparecen os problemas cos inmobles. Espazos como a Sala Yago ou o Pazo dos Irlandeses sobre os que se pide que se actúe. Belén Hernández explica a dificultade legal de traballar nun lugar que é, na maioría, de propiedade privada. A maiores hai algo a ter moi en conta cando se adquire novos edificios, o gasto que suporá no futuro.

A xerente do Consorcio é prudente cando fala do futuro pero iso non lle impide ser optimista. Considera que un dos principais retos e devolver á vida ao casco vello pero é un problema que afecta a todas as vilas que son patrimonio da humanidade. Conseguir fuxir da masificación turística e outra das claves para que dentro doutros trinta anos a cidade histórica se manteña do mellor xeito posible.

Belén Hernández é un exemplo por moitas cousas. O primeiro polo esforzo realizado para aprender galego e falalo mellor que moitos cargos nados aquí. Despois, pola claridade de ideas sobre o traballo que realiza e a prudencia con que fala del. Ese equilibrio é seguramente o que fai que consiga unanimidade nun Consello de Administración tan diverso como o do Consorcio. Pero ademais Belén transmite unha paixón polo que fai que un non pode menos que admirar. Ela con seguridade non estará os vindeiros 30 anos pero deixará ao Consorcio nunha posición inmellorable, agardemos que o que a substitúa sexa capaz de seguir o seu exemplo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies