Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Xeral

Parolando con Antón Antelo, xerente do Multiúsos Fontes do Sar

Antón Antelo é o xerente de Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos S.L., o que todo o mundo coñece como o Multiusos
Multiusos-Sar-Anton-Antelo-xerente-slide-21-novembro-2023_7945_r

Conversas, 21 de novembro do 2023 – Antón Antelo é o xerente de Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos S.L., o que todo o mundo coñece como o Multiúsos ou Multisan na campaña actual.

Antón Antelo

Pero tras o Multiúsos hai un equipo de persoas que dirixe Antón e que ademais do Fontes do Sar xestiona o complexo de Santa Isabel e as piscinas do Sar. A xestora é unha empresa mixta na que Consorcio, Concello, Xunta e iniciativa privada acordan que facer cada tempada.

Antón Antelo está, como xerente, no medio de ese tornado. Falando con el transmite a serenidade, que se supón que hai no ollo do furacán, froito da experiencia de máis de 20 anos de traballo.

Son equipamentos que se usan para a practica do deporte afeccionado, pero tamén para as competicións federadas e para eventos culturais. Antón Antelo destaca a labor de servizo a cidade que foi fundamental cando o accidente do Alvia.

A xestión dos equipamentos públicos está sempre no debate entre o público e o privado. O modelo mixto, usado no Multiúsos desde o 2001, revélase nos últimos tempos como unha das mellores opcións e grazas a cal a veciñanza pode usar instalacións de primeiro nivel a prezos axustados.

Comida Finsa
Evento CDS
Partido do Obradoiro

É moi posible que a cidadanía non lle de o valor patrimonial que corresponde ao Multiúsos. Antón Antelo explica que en toda España non hai máis  de media ducia de espazos coas características do Multiúsos. Ao mesmo tempo o seu nivel de actividade e case único, desde as 1.500 persoas que cada día fan deporte ata os eventos que se organizan, en moitas ocasións ao mesmo tempo.

No mes de xaneiro chegará o Cirque du Soleil a estas instalacións. No Multiúsos hai concertos, banquetes, mitins, mesmo misas ou campionatos de fútbol praia. Preguntámoslle a Antón polas súas lembranzas; ten moitas pero unha en especial relacionada cun concerto de JOaquín Sabina.

Pero si hai un momento no que a instalación prestou un servizo especial á cidade foi co accidente do Alvia. Todos os cadáveres foron traslados alí e alí traballaron durante días os forenses. Antón pon en valor o traballo dos voluntarios e de todo o persoal que se volcou en eses días. Tamén en ese caso as anécdotas persoais de Antón impactan.

Os veciños acudimos ás instalacións, facemos deporte, vemos os concertos ou os espectáculos; marchamos e falamos de todo iso sen decatarnos do persoal que hai detrás. Xunto a Antón traballan 115 persoas que ao longo dos anos tiveron que facer de todo. O xerente danos un pequeno dato que sorprende: o Circo do Sol trae 25 lavadoras industriais que hai que conectar.

O equipo que xestiona o Multiúsos, o Complexo de Santa Isabel e as piscinas, fai un traballo enorme que pasa desapercibido na maioría dos casos. As instalacións, en especial o Fontes do Sar, están á altura dunha gran urbe e ningunha desas está nunha cidade de menos de 100.000 habitantes.

O traballo de Antón Antelo e o seu equipo é un exemplo de eficiencia. A complexidade da xestión na que se integran organismos públicos e privados é resolta con voa vontade e moita paciencia.

Vótase de menos unha aposta máis decidida polo aproveitamento de estas instalacións. Exemplo é que o único espazo en toda Galicia ao que pode vir o Circo do Sol é precisamente o Multiúsos Fontes do Sar. Dada a boa acollida de case todo o que pasa por aquí o lóxico sería ampliar esa programación e mesmo mellorar na medida do posible as instalacións.

En calquera caso querido lector cando pases de novo polo Multiúsos pensa en todo o traballo que hai detrás e a exclusividade das instalacións que visitas.  

Post navigation

Previous: A Xunta mellorará a AC-261 que pasa por Boqueixón e Compostela
Next: VI Mostra de Teatro Escolar Olimpio Arca Caldas

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.