Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A contratación pública como motor económico

No III Congreso de Contratación Pública, o Deputado de Compras, Xosé Penas considera a contratación pública “unha ferramenta de equilibrios”

Un momento da intervención de Xosé Penas, deputado de compras, no III Congreso de Contratación Pública da Deputación da Coruña

Xeral Lindeiros, 18/06/2026 – O III Congreso de Contratación Pública da Deputación da Coruña ven de ser clausurado consolidándose como un foro de referencia estatal. Xornadas de traballo que se desenvolveron baixo o título de “A contratación pública ao servizo da sociedade”.

O encontro reuniu a máis dunha trintena de especialistas de seis administracións locais, tres autonómicas, o Goberno Central, órganos de control fiscal, oito universidades e o tecido empresarial.

O deputado de Contratación, Xosé Penas, participou no Congreso poñendo en valor a contratación pública como un “motor económico”, argumentando a súa postura en que este eido supón entre o 10 e o 15% do PIB do país. “É a ferramenta que ten o sector público para dinamizar o mercado”, resumiu.

Penas incidiu en que a contratación pública debe fuxir do estereotipo de ser un proceso “aburrido ou mesmo de frikies”. Reivindicou que o foro naceu para dar voz e conectar a todos os axentes que interactúan no que denominou “o círculo da contratación”: a administración, a empresa e a política.

Neste senso, o responsable provincial lamentou as noticias negativas de quen a entende como “unha ferramenta ao servizo de poucos”. Fronte a isto, defendeu que o verdadeiro obxectivo debe ser consolidala como un mecanismo “de control, de xestión, de solidariedade, de economía social, de igualdade e, en definitiva, de equilibrios”.

O deputado avogou por unha colaboración público-privada transparente que xere emprego de calidade, estabilidade e riqueza. Así mesmo, aproveitou o acto para agradecer o “inmenso traballo” e a calidade humana das máis de vinte persoas (na súa maioría mulleres) que forman o servizo de contratación da Deputación, encabezado por Beatriz Méndez.

Éxito de participación estatal

Baixo o lema ‘A contratación pública ao servizo da sociedade’, o encontro consolidouse como un foro estratéxico en España coa participación de 31 relatores e expertos do máximo nivel.

O congreso logrou reunir a representantes de 6 administracións locais da provincia e 3 autonómicas; órganos de control e do Estado como o Parlamento de Galicia, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, a Avogacía do Estado o Banco de España ou a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia; así como 8 universidades de todo o país e destacadas federacións empresariais e 5 empresas privadas.

Post navigation

Previous: Comeza o Son do Camiño 2026
Next: Brión destina un millón de euros de fondos propios a pago de facturas

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.