Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Continua a licitación do transporte urbano en Compostela

O TACGAL desestimou dous dos recursos presentados e tres máis non foron admitidos o que permite continuar coa tramitación do transporte

Santiago xuntqa de goberno renovacion autobuses_DSC5448 normal 6 maio 2017_r

Compostela, 2/03/26 – O concello de Santiago aprobará hoxe na Xunta de Goberno Local continuar coa licitación do servizo de transporte urbano na cidade. O proceso suspenderase cando se presentaron cinco recursos ante o Tribunal de Contratación de Galicia.

O Tribual non admitiu a trámite tres de eses recursos e os outros dous foron desestimados. O goberno municipal aprobará tamén a ampliación do prazo de presentación de ofertas en 8 días, ata o 18 de marzo, co obxectivo de que se presenten a maior cantidade de empresas posibles.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, cualificou de “boa noticia” que  o TACGAL resolvera os cinco recursos do transporte, dándolle a razón ao Concello en todos e cada un deses casos. O concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, recoñeceu a satisfacción do Goberno polas resolucións do TACGAL, “que cremos que confirman que estes son uns pregos ben armados, nos que tivemos en conta o acontecido noutros procedementos similares, diferentes resolucións do Tribunal de Contratación e da ONE e mesmo sentenzas xudiciais”.

O TACGAL non tivo en conta ningunha das cuestións apuntadas polas recorrentes, nin total nin parcialmente, e nese sentido Xan Duro lembrou que na anterior licitación do transporte en Santiago, dos cinco recursos presentados diante do Tribunal de Contratación, tres foran estimados parcialmente.

En canto aos contidos dos recursos, o concelleiro de Mobilidade apuntou que se referían a cuestións moi diversas, como os criterios de valoración de ofertas ou os estudos económicos.

Tamén se cuestionaban esixencias incorporadas aos pregos como a obrigatoriedade de que as empresas licitadoras acrediten ter prestado servizos similares en ámbitos territoriais de máis de 75.000 habitantes nos tres anos anteriores á licitación; que faciliten 67 autobuses provisionais para prestar o servizo ata a dispoñibilidade da frota definitiva, ou o requisito de ofertar vehículos de gas natural.

Post navigation

Previous: Mes de marzo no Museo do Pobo Galego
Next: Medio millón de euros para o SAF de Vedra

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.