Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Conservación e mantemento no Salón Teatro

Adxudícase o proxecto de reforma da actual sede do CDG, o Salón Teatro en Compostela.

Imaxe da fachada do Salón Teatro

Compostela, 27/07/2026 – A Xunta de Galicia acaba de adxudicar por un importe de 200.798,47€ a redacción do proxecto básico e de execución, así como de dirección de obra, que garantan a conservación e mantemento do edificio do Salón Teatro de Santiago de Compostela.

O Salón Teatro é a actual sede do Centro Dramático Galego. O gañador da licitación para a redacción do proxecto foi o estudio de arquitectura pontevedrés Rodríguez+Pintos SLP que será o responsable de levar a cabo esta actuación nun prazo máximo de 25,5 meses.

Masa Madre + Sal Marina
Algunhas das pezas e presentacións realizadas no Salón Teatro

Tal e como se recolle na documentación, o principal obxectivo desta contratación é deseñar cales serán os traballos necesarios para resolver as patoloxías que afectan á cuberta, mellorar a accesibilidade e a seguridade en caso de incendio e optimizar a eficiencia enerxética do inmoble.

No proxecto que acaba de ser contratado definirase a metodoloxía para substituír a cuberta e os elementos de evacuación pluvial do Salón Teatro co fin de resolver os problemas de estanquidade, o deseño da adaptación dos espazos e servizos para fomentar a inclusión e a participación de todas as persoas usuarias e a mellora da accesibilidade e as condicións de evacuación do edificio.

Así mesmo, para previr o risco de incendio, incluirase unha proposta de sectorización coa caixa escénica e o resto do edificio e renovaranse os elementos decorativos e de equipamento. Por último, avaliarase o estado actual dos subministros de auga quente, electricidade, iluminación e ventilación e abordarase a eficiencia enerxética do edificio, tanto desde o punto de vista construtivo como das instalación das instalacións dos equipos de climatización, ventilación e iluminación.

Un escenario histórico

A orixe do Salón Teatro remóntase a 1919, cando a Liga da Mutua de Señoras de Santiago promoveu a súa primeira reconstrución. O edificio, situado en pleno casco histórico, foi inaugurado o 30 de outubro de 1920 como unha sala de eventos e espectáculos destinada a servir ás actividades dos socios. Poucos anos despois, o inmoble pasou a ser propiedade de Acción Católica, entidade que o empregou para as súas actividades educativas e recreativas.

Xa na década dos anos trinta, foi adquirido pola Empresa Fraga, que o transformou nun dos principais cinemas da cidade, dedicándose case que en exclusiva á exhibición cinematográfica durante varias décadas.

En 1949 o Salón Teatro  experimentou unha importante remodelación da súa fachada, deseñada polo arquitecto Pons Sorolla, que lle conferiu un novo carácter arquitectónico. Esta imaxe permanecería practicamente inalterada durante máis de corenta anos. Xa nos noventa, sufriu un incendio que afectou gravemente o inmoble e acelerou o seu proceso de deterioro. Esta circunstancia precipitou o peche definitivo do cinema.

En 1996, a Xunta de Galicia, consciente do valor histórico e patrimonial do Salón Teatro, adquiriu o edificio co obxectivo de restauralo e devolvelo á súa función orixinal como escenario de creación e exhibición escénica.

Entre 1998 e 1999, baixo a dirección do estudio dos arquitectos Baltar, Bartolomé e Almuiña, acometeuse unha profunda rehabilitación que respectou a esencia histórica do edificio, á vez que o dotaba das condicións técnicas e de accesibilidade dun teatro contemporáneo.

O 29 de outubro de 1999, o Salón Teatro reabriu oficialmente as súas portas coa estrea do espectáculo Si o vello Sinbad volvese ás illas…, a cargo do Centro Dramático Galego. Esta función inaugural simbolizou o seu renacemento como espazo de referencia da creación escénica en Galicia, despois de máis de dúas décadas sen actividade teatral. Desde entón, é a sede permanente do Centro Dramático Galego, onde se exhiben as súas producións propias e unha programación aberta a distintas disciplinas escénicas: teatro, danza, música, novo circo e outras actividades culturais.

Post navigation

Previous: A Festa da Empanada cumpre 50 anos
Next: “A Santa” de Asorey volverá a Galicia

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.