Compostela, 8 de marzo do 2018 – Dentro de un ano Compostela acollerá o III Congreso de Cooperación Internacional, tal e como lle confirmou ao alcalde, Martiño Noriega, o presidente do Colexio de Médicos da Coruña, Luciano Vidan.
Noriega e Vidán mantiveron unha reunión no Pazo de Raxoi para falar de este Congreso Internacional de Cooperación. Celebrarase no mes de febreiro do 2019 e participarán arredor de 600 persoas. Luciano Vidán explica que o Congreso “estará centrado no tema da xustiza social, no dereito que teñen todas as persoas do mundo a teren acceso aos medicamentos considerados esenciais”. O presidente do Colexio de Médicos da Coruña agradeceulle tamén ao alcalde o apoio expresado polo Concello.
Vidán incidiu na idoneidade de Santiago para a celebración do Congreso de Cooperación Internacional “porque temos tradición e experiencia, vinculada ao Camiño de Santiago”. Ademais, Luciano Vidán salientou “a tradición médica e universitaria da capital galega, outro elemento de peso para a selección da cidade para este evento”.