Bisbarra, 23 de marzo do 2023 – A Confraría de pescadores de Noia denuncia que a Xunta de Galicia a intenta apartar das accións legais contra a autorización de vertidos da mina de San Finx.
A Xunta non admitiu a petición da Confraría de que non se realizase o vertido ata que se decidise sobre os recursos presentados. O Goberno alega que “non ten intereses lexítimos que defender”.
A Cofradía considera que a decisión do Secretario Xeral Técnico da Consellería, Joaquín Macho Canales, é “manifestamente ilegal e responde a unha tentativa desesperada de apartar ao pósito noiés do proceso xudicial, pois a propia Augas de Galicia xa tiña recoñecido á Confraríia como parte interesada no procedemento, notificándolle todos os actos de trámite durante os sete anos nos que se alongou o expediente”.
A Confraría lembra que representa a case 2.000 mariscadores que traballan nos bancos da ría de Muros e Noia. Engade que no 2021 a facturación foi de máis de 17 millóns de euros. Para a Confraría a decisión de Joaquín Macho é “particularmente grave, pois xa ocupou os cargos de subdirector xeral e vicesecretario xeral da Consellería do Mar, coñecendo persoalmente a situación do sector e as responsabilidades dos pósitos”.
A Confraría anuncia que recorrerá de inmediato a decisión da Consellería ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e non descarta “iniciar novas accións na vía penal fronte os altos cargos responsables no caso de confirmarse os indicios dun posible delito de prevaricación”.