займ срочно

Conflito laboral no Balneario do Tremo

0

Brión, 28 de febreiro do 2022 – O Balneario do Tremo en Brión acarrea un conflito laboral que provocou estes días unha protesta dos traballadores diante das instalacións.

Según as informacións do sindicato Comisións Obreiras, o Balneario pechou a comezos do ano 2021 no marco dun procedemento concursal previo á liquidación da sociedade. A empresa contaba en ese momento con trinta traballadores.

De Balneario de Compostela a Balneario do Tremo

Antes do peche o Balneario levaba o apelido “de Compostela”. Tras o peche do proceso de liquidación, no mes de maio, rexístrase a nova sociedade Hotel Balneario do Tremo xa no mes de xuño.

A nova empresa faise cargo das instalacións pero contrata só unha parte do persoal que previamente había, sen subrogarse nas súas condicións de traballo.

Protestas

Ducias de traballadores e traballadoras concentráronse no mediodía do sábado fronte ao Balneario do Tremo. Entre consignas como «Balneario de Ramón, queremos solución» ou «queremos traballar, non emigrar», esixiron que a actual dirección do balneario readmita todo o persoal con que contaba a empresa ou que os indemnicen por despedimento improcedente.

Segundo informa CCOO, sindicato que asesora os traballadores, a empresa, propiedade de Ramón López Casal,  comparte dirixentes coa anterior, entre eles o propio Ramón López Casal.

CCOO apoia os traballadores e traballadoras nas súas reivindicacións, esixindo que a nova sociedade readmita a totalidade do persoal ou ben proceda ao pagamento da indemnizacións correspondentes a un despedimento improcedente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies