Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Condutores de ambulancias sen vacinar

Un grupo de traballadores de Ambulancias do Atlántico da Área Sanitaria de Santiago quedaron fora do plan de vacinación e reclaman ser incluídos.
psoe-o-pino-recorte-ambulancia-slide-10-febreiro-2018_r

Comppostela, 29 de xaneiro do 2021 – Un grupo de traballadores de Ambulancias do Atlántico da Área Sanitaria de Santiago quedaron fora do plan de vacinación e reclaman ser incluídos.

Segundo o protocolo de vacinación contra a Covid, estaba previsto que o persoal de ambulancias do 061 recibira a primeira dose na mesma fase que o persoal sanitario de primeira liña. Así ocorreu en toda Galiza onde foi todo o persoal vacinado agás este grupo de traballadores das Ambulancias de Santiago, A Estrada e Silleda.

Na base de Santiago hai uns 19 traballadores/as das que só se vacinaron 3 e nas bases de Silleda e da Estrada hai 9 en cada unha e vacináronse só 2 de cada base, polo que quedaron 30 persoas sen vacinar.

Diante desta situación, desde a FGAMT-CIG de Compostela demandan que se subsane de inmediato o problema, máis cando, segundo explica Inácio Pavón, nestas ambulancias trasládanse a diario doentes con sospeitas ou positivos de covid. “Dáse a casualidade de que ademais están sometidas a un sistema denominado NORIA, que consiste en que cando se lles active poden ter que levar sucesivamente a doentes positivos/as, sen quitar os EPIs e sen desinfectar as ambulancias, por un período de 3 horas, coa maior carga viral que deste xeito se acumula e co risco de contaxio que isto supón”.

Pavón asegura que ninguén de Ambulancias do Atlántico lles dixo que ocorrera e que tiveron que ser os propios traballadores e traballadoras quen preguntaran no 061. “Dixéronlles que houbera un problema informático pero desde a CIG entregamos un escrito no SERGAS para saber cando serían vacinados e non tivemos resposta algunha, como tampouco teñen os traballadores ningunha información oficial nin da empresa, nin do 061”.

O persoal non entende como se puido ter dado esta situación e como non se lle pon solución de inmediato coas vacinas que o propio goberno da Xunta di que tiña gardadas, porque non se empregaron todas.

Pavón teme que este persoal siga relegado porque “o problema é que agora as vacinas que veñan serán para poñer a segunda dose a quen xa tiveron a primeira nesta última fase”, por iso reclama unha inmediata aclaración a respecto desta situación e que se lles subministre a primeira dose da vacina tal e como se tiña que ter feito. “Caso contrario estaríase poñendo en risco a vida de traballadores e traballadoras que están nunha situación diferente ao resto do persoal sanitario e de ambulancias que diariamente actúan fronte a covid-19”, conclúe.

Post navigation

Previous: Unha prórroga fora de contratos podería manter o servizo da piscina municipal de Teo
Next: Inversións provinciais en Negreira e Touro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.