Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Confirmada a condena a Augas de Ames por vulneración da liberdade sindical

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ratificou a condena á empresa pública de augas de Ames EPEL por non respectar a condición de representante sindical do delegado da CIG no Consello de Administración.

Imaxe das instalacións de abastecemento de augas de ames

Ames, 14/04/2026 – O BNG de Ames denuncia que  “como o alcalde se estivo saltando a legalidade dos estatutos da Empresa Pública Augas de Ames (EPEL), o Concello foi condenado a pagar unha indemnización de 15.000 euros con cartos públicos”.

A condena que acaba de conformar o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza nace no ano 2024, cando o alcalde de Ames, como presidente do Consello de Administración da EPEL, lle encomendou ao delegado de persoal que convocase unha reunión para que as persoas traballadoras da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames elixiran en votación quen as ía representar no Consello de Administración.

Segundo os estatutos da EPEL, este nomeamento debe recaer sobre o delegado ou a delegada de persoal elixido nas eleccións sindicais, polo que non cabía a posibilidade de escoller outro traballador ou traballadora, ao estar vixente o mandato do delegado da CIG.

Aínda así unhas semanas despois realizouse unha votación “que non cumpría co marco lexislativo correspondente”, sendo elixida para o Consello de Administración unha persoa distinta ao delegado de persoal.

Por estes feitos a CIG presentou denuncia na Inspección de Traballo por vulneración do dereito á liberdade sindical e posteriormente unha demanda de tutela de dereitos fundamentais, ao non atenderse as súas lexítimas reclamacións.

O xulgado deulle á razón á CIG, deixando en evidencia que o alcalde, na súa calidade de presidente do Consello de Administración de Augas de Ames, manobrou para apartar o delegado da CIG “e substituílo por unha persoa máis afín aos seus intereses, que, entre outros, era o nomeamento  da exconcelleira de Podemos, Genma Otero Uhía como xerente da entidade.

Este nomeamento aprobouse finalmente en xuño de 2024 co voto de calidade do alcalde; todos os partidos da oposición: BNG, Espazo Común e Partido Popular, votaron en contra. Naquel momento o BNG de Ames xa manifestou serias críticas ó procedemento por falta de transparencia, documentación e información, sobre os méritos recoñecidos á candidata proposta.

O BNG votou ademais en contra de todas as actas das sesións que estaban irregularmente convocadas -como confirma a sentenza por vulneración de dereitos-, mentres que o resto da oposición votou xuntamente co PSOE.

En setembro de 2025. Nun pleno o concelleiro do BNG de Ames, Alexandre Espinosa, preguntáballe ao alcalde se ía persistir no seu erro de non convocar ao delegado de persoal ao consello de administración de Augas de Ames.

Blas García contestáballe que a sentenza estaba recorrida e que el actuaba legalmente. A ratificación da condena por parte do Tribunal Superior de Xustiza pon de manifesto a mala práctica do alcalde que lle vai custar ao Concello 15.000 euros.

Malia a contundente sentenza do Social, Blas García insistiu neste tipo de práctica antisindical e está pendente de sentenza outra demanda presentada pola CIG por vulneración da liberdade sindical do actual delegado de persoal.

Post navigation

Previous: Un novo Club de Lectura en Compostela
Next: O IV Festival de Cine Galego “O Tremo” traerá catro flims a Brión

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.