Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Entroido
  • Rois

Concurso de vídeos no entroido de Rois

O Concello de Rois convoca este ano un concurso de vídeos de disfraces tras decidir suspender todos os actos presenciais do entroido.
rois-entroido-slide-normal-5-febreiro-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Rois, 5 de febreiro do 2021 – O Concello de Rois convoca este ano un concurso de vídeos de disfraces tras decidir suspender todos os actos presenciais do entroido.
    • Tres categorías

Rois, 5 de febreiro do 2021 – O Concello de Rois convoca este ano un concurso de vídeos de disfraces tras decidir suspender todos os actos presenciais do entroido.

A decisión do concello de Rois de suspender as actividades de rúa do Entroido ven dada, como no resto dos concellos, pola situación de pandemia e os riscos sanitarios que supoñían mantelas.

A participación no concurso farase mediante un vídeo que non supere os dous minutos de duración. Esta gravación deberá pendurarse como comentario na publicación que anuncia o concurso no Facebook do Concello de Rois ou, no caso de non contar cun perfil nesta rede social, pódese enviar á dirección cultura@rois.es para que poida publicarse. Os vídeos poderanse mandar ata o 19 de febreiro incluído e deberán estar acompañados dun título para facilitar a súa identificación.

Tres categorías

O concurso de Rois está aberto a todas as persoas que o desexen, independentemente da súa idade, e contará con tres modalidades: individual, parellas conviventes e grupo de conviventes. Na primeira delas, establécense cinco categorías por ano de nacemento. No caso das parellas, son as categorías redúcense a tres.

O importe total dos premios ascende a 1.250 euros que se repartirán en vales de desconto para gastar no comercio local de Rois. Os premios na categoría individual serán de 40€ para o primeiro clasificado e 30€ para o segundo das cinco categorías. No caso das parellas, será respectivamente de 60€ e 40€ tamén en cada categoría. E, para as comparsas, repartiranse tres premios dotados con 300€, 200€ e 100€.

Os vales poderán empregarse ata o 30 de xuño en comercios, bares e restaurantes, casas rurais e empresas de servizos ubicadas no municipio de Rois.

Para realizar a inscrición deberán presentarte cubertos os formularios publicados no anuncio do concurso realizado na páxina web do Concello: o Anexo I para individual e parellas e o Anexo II para grupos. Cada comparsa deberá nomear unha persoa representante. 

Post navigation

Previous: A comarca do Sar quédase sen plan de emprego
Next: Levan ao Parlamento a residencia de maiores de Padrón

Máis novas

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.