Apóianse na resolución da Comisión Europea que declara ilegal a ampliación da concesión feita no goberno de José María Aznar e que mantén a auto estrada en mans de AUDASA ata o 20248.

Os concellos de Ames, A Pobra, Boiro, Dodro, Padrón, Rianxo, e Ribeira piden acatar a resolución da Comisión Europea e liberalizar a autoestrada AP-9. Os municipios solicitan unha resposta a altura das circunstancias por parte do goberno central despois da resolución chegada de Europa sobre a prorrogada concedida polo goberno de Aznar a auto estrada.
A plataforma de concellos pola gratuidade da AP-9 naceu o pasado 25 de febreiro para reclamar a constitución dunha mesa de traballo entre o Ministerio de Transportes e os municipios afectados polas altas tarifas da concesionaria da infraestrutura. Uns concellos que xa se pronunciaron en abril sobre a esquilma que supuxo os máis de 210 millóns de beneficios recadados en 2024 por Audasa.
Os Concellos asinantes do manifesto instan ao goberno do estado a “acatar a resolución europea contra a prórroga ilegal da AP-9 e situarse no lado correcto da historia”. Nas súas declaración engaden que “o actual goberno pode recordarse como quen liberalizou a AP-9 para todos os galegos e galegas ou o que permitiu que Audasa se seguise lucrando”.
Dende “Concellos pola gratuidade da AP-9” enténdese que se está nun momento histórico e que nunca houbo un respaldo legal e social tan contundente como nestes momentos para poder rectificar o erro histórico cometido no ano 2000 polo goberno popular de José María Aznar.
Audasa, 210 millóns en 2024 e 365 dende 2019 Audasa ten a concesión máis rendible de toda a Rede de Estradas do Estado, cuns beneficios que superan os 1.000 millóns en facturación total e, que só no 2024 chegaron ata os 2010. Dende o ano 2019 e cunha pandemia de por medio que freou o seu ritmo de facturación chegaron a facturar 365 millóns de euros.
