займ срочно

Os concellos poderán destinar parte dos fondos da Deputación a compensar a suba da luz e dos carburantes

0

Bisbarra, 28 de abril do 2022 – Os concellos pdderán destinar parte dos cartos do Plan único da Deputación a compensar a suba dos prezos da luz e dos carburantes.

O pasado mes de marzo aprobábase o POS + cun investimento nos concellos de máis de oitenta millóns de euros. Esta partida, destinada en principio a obras e investimentos nos 93 concellos da provincia, poderá destinarse ás facturas da luz e dos combustibles.

Pleno da Deputación, imaxe de arquivo

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, explica que “Estes gastos disparáronse nos últimos meses e supoñen un serio problema económico non só para as familias e as empresas, senón tamén para os concellos, que cada vez deben destinar máis recursos para pagar as facturas de luz e carburantes”.

Formoso engade que .”Unha vez máis, o Plan Único demóstrase como unha ferramenta útil e eficaz para atender as necesidades dos municipios coruñeses, que son os que deciden o destino dos fondos en función das súas necesidades”.

O vicepresidente e responsable da área de Plans, Xosé Regueira, afirmou que a Deputación posibilita que todos os concellos da provincia teñan capacidade de investimento e que sexan capaces de aprobar os seus investimentos sabendo sempre cal é a achega económica da Deputación cada anualidade, “mais tamén procuramos estar sempre atentos ás necesidades puntuais e ás dificultades económicas que estresan as arcas municipais para darlle saída”.

“O Plan Único demostra a súa utilidade, eficacia, e tamén o seu dinamismo, ao permitir que este ano puntualmente os concellos fagan fronte á factura enerxética para servizos básicos como poden ser o alumeado público ou infraestruturas como polideportivos ou piscinas. Deste xeito, o gasto enerxético súmase ao criterio de investimento en obras financieiramente sostibles”, afirmou.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies