Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra
  • Xeral

Vedra márcase o obxectivo dos 5.000 habitantes

Os tramos de poboación marcan os recursos cos que contan os concellos e Vedra márcase o obxectivo de non baixar dos 5.000 veciños.
Concello de Vedra_DSC0002 slide_r

Bisbarra, 14 de decembro do 2023 – Os tramos de poboación marcan en moitos casos os recursos cos que contan os concellos e Vedra márcase o obxectivo de non baixar dos 5.000 veciños.

Esta semana coñecíanse os datos e Vedra con 4.960 persoas empadroadas, corenta menos que o obxectivo fixado. Como sucede en todos os pobos, por distintos motivos,  a poboación é sempre maior que a consta oficialmente e por iso o concello pon en marcha unha campaña para axustar estas cifras á realidade.

A data límite é o 30 de decembro e para iso a campaña apela á sentirse do sitio no que se vive e empadroarse. Co lema  “Se es de Vedra, Se gozas de Vedra … Se vives en Vedra … Empadróate en Vedra!!” o concello intentará superar a barreira dos 5.000 habitantes.

As persoas poden empadroarse nas dependencias municipais. Un trámite que só implica achegarse ao concello co DNI. Unha acción sinxela e rápida que pode axudar moito a que Vedra non baixe de categoría e manteña os recursos económicos precisos.

Para calquera dúbida ao respecto o concello lembra que se pode chamar ao 981814612 en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Post navigation

Previous: Teo recibe unha doazón de material para o servizo de emerxencias
Next: Alianza inédita entre a Cámara de Comercio, Tambre e Novo Milladoiro

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.