Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Melide
  • Xeral

Melide presenta un Entroido cheo de actividades

O Concello de Melide organiza neste 2024 un completo programa de actividades para celebrar o Entroido,  cinco días de diversión e festa.
melide obradoiros entroido maiores 10 febrero 2018

Bisbarra, 29 de xaneiro do 2024 – O Concello de Melide organiza neste 2024 un completo programa de actividades para celebrar o Entroido,  cinco días de diversión e festa.

O Entroido arrinca o sábado 10 de febreiro con dúas citas para toda a familia. A praza das Coles acollerá de 17h a 19h unha Festa Infantil de Disfraces que incluirá xogos, baile, música ou obradoiros.

Posteriormente, ás 19:30h, sairá da praza do Convento un fantástico Pasarrúas de Entroido acompañado do Folión Grileiro. Cando remate, celebrarase na praza das Coles unha foliada coa Escola de Música e Baile Tradicional Herba Grileira, na que se degustarán produtos típicos destas datas.

O domingo 11 celébrase unha nova edición do Concurso de Disfraces, con suculentos premios para as persoas participantes, e onde unha vez máis a veciñanza melidá deixará fluír a imaxinación. Haberá tres categorías: comparsas (máis de oito participantes), grupos (de tres a oito participantes), e individuais ou parellas. As comparsas terán dous premios de 1.000 e 700 € respectivamente. Os grupos, outros dous, no seu caso de 400 e 300 euros. Tamén serán dous os premios na categoría de individuais e parellas, con importes de 150 e 100 euros. As bases do concurso explicitan que os menores de idade non poderán participar na categoría individual ou por parellas se non van emparellados cun adulto.

O concurso arrincará ás 16:30h coa recepción ás persoas participantes no cantón de San Roque, dende onde partirá o desfile unha hora despois. Finalmente, ás 18:30h terá lugar o concurso propiamente dito no Pazo de Congresos.

Ao día seguinte, domingo 11, o Centro Social acollerá a celebración dun baile amenizado polo trío Son Remolino. Será ás 17h.

Luns e martes de Entroido

O luns 12 de febreiro agarda unha tarde de diversión. O Pazo de Congresos será escenario dunha fabulosa festa de inchábeis que se prolongará entre as 16h e as 20h e onde as e os pequenos da casa se divertirán coma nunca.

O martes 13, ás 19h, partirá da praza do Convento un novo Pasarrúas de Entroido acompañado polos Gaiteiros do País. Unha hora despois, ás 20h, a praza das Coles acollerá un espectáculo de animación musical con Nelson Quinteiro, a Agrupaación Máis Cantos e charanga tradicional. Haberá degustación de doces de entroido e de chocolate.

Ás 21h as festas terán o seu punto culminante na mesma praza das Coles coa lectura do pregón e a tradicional e agardada queima do Entroido.

Talleres de entroido

De luns a mércores celebraranse uns obradoiros de entroido para as e os pequenos da casa, a partir de cinco anos de idade, no Edificio Multiusos. Nesta actividade aprenderán  a facer disfraces caseiros. En horario de 11h a 12:30h, o luns aprenderán a facer máscaras con refugallos. O martes será a quenda dos sombreiros divertidos, e o mércores, dun obradoiro creativo espacial. A inscrición nestas actividades debe facerse no departamento de Cultura do Concello, sendo as prazas limitadas.

Na organización deste programa impulsado polo Concello de Melide colaboran Herba Grileira, Gaiteiros do País e mais a Asociación Cultural e Ecolóxica Curuxás.

Post navigation

Previous: Dous incidentes levantan a alarma no Centro de Saúde de Santa Comba
Next: A bisbarra aposta polo turismo en FITUR

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.