Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Teo

O Concello de Teo nomea a Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa como fillos adoptivos

Teo concede tamén unha mención de honra para a asociación Colectivo A Rula 

Concello de Teo nomea fillos adoptivos

Teo, 4/05/2026 – O Concello de Teo aprobou en Pleno a proposta da Alcaldía para nomear a Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa como fillos adoptivos do municipio, así como concederlle unha mención de honra á asociación cultural de divulgación e protección de arte rupestre “Colectivo A Rula”.

A proposta saíu adiante cos nove votos do Partido Popular e oito abstencións dos partidos do PSOE, BNG e PXCT. Calvo de la Uz puxo en valor o traballo levado a cabo por todos eles nos campos da medicina, da comunicación, da historia, da cultura e da arte, sendo referentes nacionais nos seus eidos e protexendo, no caso da asociación, o patrimonio cultural máis primitivo como é a arte rupestre.

Todos eles, veciños de Teo, son merecedores desta distinción dada a súa contribución á sociedade, co fin de mellorar as necesidades da cidadanía, contribuír a ampliar os campos de investigación, difundir os saberes técnicos e protexer uns bens culturais de importante valor histórico.

Cabe salientar que, o nomeamento de fillo adoptivo e da mención de honra, vén fundamentados no disposto no Regulamento de condecoracións do propio Concello de Teo (publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 274 do 28.11.1998), en consonancia cos artigos 190 e 191 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF).

Modificación de crédito

Tamén se deu conta no Pleno de onte dos resultados da Liquidación do exercicio 2025, cun remanente líquido de Tesourería para gastos xerais positivo por importe de 4.326.133,31 euros, o que se traduce en estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira. Neste senso, tamén se aprobou unha modificación de crédito de 1,5 millóns de euros deste remanente para cubrir a necesidade de prestar novos servizos de especial interese público para a veciñanza de Teo, debido ao actual mal estado das infraestruturas.

Post navigation

Previous: Albariza en Noia mellora o saneamento e abastecemento
Next: O Museo do Pobo presenta a programación do mes de maio

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.