Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Mazarelos agarda por San Xoán

A praza de Mazarelos acollerá un ano máis o Festival de San Xoán con actividades de todo tipo e unha nova imaxe gráfica.
san-xoan-slide-8-xunho-2023_r

Compostela, 8 de xuño do 2023 – A praza de Mazarelos acollerá un ano máis o Festival de San Xoán con actividades de todo tipo e unha nova imaxe gráfica.

Desde as cinco da tarde e ata as dez da noite Mazarelos será o punto central da Feira do san Xoán. Un evento que propón maxia, música, queimada e mesmo un espazo “palleiro” para os máis pequenos.

Unha das citas máis celebradas, das asociadas a esta festa, e o “Tren Cacharelo” que circulará de balde toda a tarde, parando nos barrios con cacharelas máis significadas e tradicionais. Un xeito de descubrir aqueles espazos nos que ao longo do tempo mantiveron esta tradición.

O Tren estará en circulación de 17.00 a 22.00 horas, con saída ás horas en punto desde a parada principal no CGAC, e terá paradas sinalizadas na avenida do Burgo das Nacións, na Carballeira de San Lourenzo e na avenida de Xoán Carlos I.

O Festival conta este ano cunha nova imaxe que quere animar a participar nesta Festa con tanto arraigamento en Santiago, xa sexa no propio Festival de San Xoán como en calquera das múltiples cacharelas que se celebran por todo o concello.

O programa detallado do Festival, que entre outras actividades inclúe paseos botánicos na procura das herbas de San Xoán, obradoiros, maxia, música en vivo e queimada, darase a coñecer a próxima semana.

A Festa do San Xoán é anterior á chegada do cristianismo pero como outras moitas pasou de estar vinculada ao solsticio de verán a relacionarse cunha data do santoral. Nos últimos anos os concellos fixeron un esforzo por recuperar a tradición e comezaron a desenvolver actividades como a recollida das herbas e organizar e apoiar as cacharelas.

Post navigation

Previous: Xaquín Fernández Leiceaga marcha pedindo renovación
Next: Comeza a Semana Verde de Galicia cunha cifra récord de 740 expositores

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.