Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Un Curtocircuíto máis concentrado e intenso

coompostela-curtocircuito-slide-23-setembro-2024_r

Compostela, 25 de setembro do 2024 – Curtocircuíto concentrase para ofrecer na súa vixésima primeira edición un festival máis sólido vinculado ao mar e as profundidades oceánicas.

Fronte aos macrofestivais cun exceso de oferta, o obxectivo de Curtocircuíto é ofrecer unha experiencia máis sosegada na que o público poida asistir sen solapamentos a unha serie de propostas que alternarán sucesivamente proxeccións, charlas ou espectáculos audiovisuais ao longo das xornadas.

Este Curtocircuíto XXI concentra tamén os espazos e Teatro Principal e Sala Capitol serán os referentes do festival. O principal deixa atrás a exclusividade cinematográfica para intercalar sesións divulgativas e directos entre as proxeccións.

Unha viaxe de 20.000 leguas para a inauguración

A inauguración ofrecerá unha oportunidade única coa versión Live cinema do filme Vinte mil leguas de viaxe submarina. Trátase dun espectáculo ideado expresamente para Curtocircuíto. A formación efémera Submarina de Improvisación (con Xavier Bértolo nos teclados e sintetizadores, Paulo Pascual no theremín e Saúl Puga ao contrabaixo) musicará en directo o filme Vinte mil leguas de viaxe submarina (Stuart Paton, 1916).

A produción, baseada na obra homónima de Xulio Verne, contou cos traballos técnicos de John Ernest Williamson, quen só un ano antes desenvolvera o primeiro sistema de fotografía e filmación subacuática. Precisamente este encontro innovador entre ciencia e arte é o motivo principal para a elección deste filme e é unha das converxencias que o festival quere explorar a través de diversas actividades.

Charlas, Live AV e mesas redondas

Un total de seis Live AV, dúas charlas e unha mesa redonda compoñerán a proposta curatorial dedicada á exploración mariña. A oceanógrafa estadounidense Mae Lubetkin, o artista catalán Mario Santamaría e o físico teórico Carlos Salgado encabezarán as sesións especiais. Unha Expedición Metaturística a cargo da antropóloga mexicana Valeria Mata e o artista galego Marcos PTT descubrirá outra forma de mirar Santiago de Compostela.

Ademais deste live cinema, a temática mariña e científica completarase con espectáculos audiovisuais xa anunciados: The Dance of the Witches. Emil Saiz & Judith Adataberta ft. Jean Painlevé, comisariado por Curtocircuíto; URHO con Iván Torres, Andrés Rodrigues e Xoán-Xil; Dopo la pausa (AV) de Irene de Andrés e Javi Álvarez; CRISPR the Pattern of Life, a cargo do dúo Bromo (Paloma Peñarrubia e Azael Ferrer); e o AV inspirado no mundo dos crustáceos e dos artrópodos presentado por 33EMBYW & Joey Holder.

As Sesións Especiais terán lugar no Teatro Principal.

A programación do Teatro Principal deixa atrás a exclusividade cinematográfica para intercalar sesións divulgativas e directos entre as proxeccións.

O venres, 4 de outubro ás 18.00 h, o artista e docente Mario Santamaría (Premio Obra Miquel Casablancas, 2020) reflexionará sobre as infraestruturas submarinas para internet na súa sesión Seguir un cable e soterrarnos no mar. Santamaría, residente en Barcelona, expuxo en cidades como Stuttgart e Londres. Na súa charla en Santiago de Compostela, tratará como Internet se compón dunha serie de materiais, construcións e intervencións que se ocultan a simple vista; desde edificios anódinos no centro das nosas cidades, ata praias urbanas onde os cables submarinos que conectan países e continentes están soterrados baixo a area. Mario Santamaría propón una deriva seguindo os nosos propios datos para coñecer a infraestrutura global das telecomunicacións.

Gañadores da pasada edición

Esta sesión completarase coa proxección de Deep Down Tidal (Tabita Rezaire, 2017), un vídeo-ensaio estilo net.art, que tece narracións cosmolóxicas, espirituais, políticas e tecnolóxicas sobre a auga e o seu papel na comunicación, entón e agora. A peza aborda como esta rede de cables submarinos facilita a acumulación e expansión do poder capitalista.

O sábado 5 ás 18:00 h, a oceanógrafa, escritora e artista Mae Lubetkin percorrerá as profundidades oceánicas na súa sesión Futuros dos fondos mariños: Ciencia e ficción nas dimensións profundas. Lubetkin revelará as historias e os estudos do proxecto Seafloor Futures, realizado a través de obradoiros, co-fabricación, reconstrución 3D, animación, deseño de son, traballos escritos e unha base de datos 3D recompilada a partir do seu estudo dos hábitats mariños. Deste xeito, xéranse contrarrelatos e imaxinarios mergullados que reconfiguran a nosa relación cos mundos do fondo océano ao tempo que propoñen futuros anti-extractivos.

O traballo artístico de Mae Lubetkin dialoga e entra en tensión coa ciencia. Lubetkin, xeóloga mariña e experta en captación de imaxes submarinas, é artista residente do Thyssen-Bornemisza Art Contemporary TBA21 en colaboración con Ocean-Archive.

Tamén o día 5 de outubro, en horario de mañá, Curtocircuíto propoñerá a mesa redonda Instrumentos de Visión: metodoloxías e analoxías entre a ciencia e a fantasía. Esta sesión especial estará organizada en colaboración co Art.Lab do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) a partir da exposición Instrumentos de Visión, do artista Armin Linke e comisariada por Mónica Bello desde o Arts at CERN, que pode ser visitada ata o 21 de setembro na igrexa da USC . A actividade contará coa participación do físico teórico Carlos Salgado, director do IFGAE; Luísa Martínez, responsable de Cultura Científica de CSIC-Galicia e o investigador e artista sonoro, Xoán-Xil. A conversa partirá do traballo exposto por Linke para facer unha analoxía entre os instrumentos da visión científica e as ferramentas da visión e da filmación e, a partir de aí, afondar nas analoxías e diverxencias dos métodos de investigación artística e científica.

Expedición Metaturística

Como colofón das sesións Especiais, Curtocircuíto, en colaboración co colectivo Galiza Emocional, propón un paseo polas rúas da cidade para facer turismo do turismo. Unha deriva desde a etnografía, a escoita e o xogo da man da antropóloga Valeria Mata e do artista Marcos PTT.

Nesta Expedición Metaturística, o festival sae das súas sedes para explorar a súa propia cidade na procura deses lugares de fricción cidadá coa intención de repensar o público e aportar un gran de area na construción de novos imaxinarios urbanos e sociais para Compostela.

Venda de abonos e entradas

Hai tres tipos de abonos: para todas as proxeccións, cun prezo de 20 euros; para os Live AV (espectáculos audiovisuais en directo), cun custo de 30 euros, e o abono integral por 40 euros, que inclúe a asistencia a todas as proxeccións, concertos e experiencias audiovisuais.

As entradas para as proxeccións custan 4 €. O prezo das sesións live AV no Teatro Principal é de 8 €, e de 14 € na Sala Capitol. O acceso ás Sesións Especiais no Teatro Principal é gratuíto, previa recollida de convite.

As entradas pódense mercar tamén de forma presencial, na Zona C – Punto de Información Cultural, en horario: de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 horas ademais de no Teatro Principal a partir do día 2 de setembro.

Curtocircuíto – Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela está organizado polo Concello de Santiago de Compostela (Compostela Cultura) co apoio, entre outros, da Deputación da Coruña, da AGADIC e do ICAA.

Post navigation

Previous: A Xunta aposta pola ampliación de depuradora de Ames e buscará apoios do Goberno
Next: Compostela destina 4,2 millóns de euros á rehabilitación de vivenda

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.