Compostela, 11 de febreiro do 2025 – Este xoves comeza a decimo sexta edición do Santiago(é)Tapas, a segunda en esta época do ano e que espera ter o mesmo éxito que o ano pasado.

O XVI Santiago(é)Tapas con 68 propostas de 42 locais a concurso. Hai sete rutas que seguir aínda que hai que sumar unha sen gluten, unha vexetariana e unha doce co que chegan a 10 así que hai ondeTodas a rutas e tapas pódense consultar no Tapasporte que atoparedes nos locais e xa na web https://santiagoetapas.gal/ ou aquí mesmo



Santiago(é)Tapas está organizado por Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña. Este ano hai dous establecementos máis que o ano pasado e están todos distribuídos dos seguinte xeito:
CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA: La Morena / A Lareira / Lusco & Fusco / Marte / Vilar 64 / Nómade
CAMIÑO FRANCÉS: Oca Puerta del Camino / Bodeguilla de San Lázaro / Afiador / A Maceta / Lúas / A Moa
CAMIÑO PORTUGUÉS: Artesana / Bodeguilla de Santa Marta / A Vaquiña / La Planta / El Estudio / El Muelle
CAMIÑO PRIMITIVO: A Fuego Lento / Suso / O’Flanagan’s / Redes / Sindueña / A Carrilana
CAMIÑO INGLÉS: Moito Coffee / Casa Ramos / Pico de Galo / O Testo / Entreportas / Botafumeiro
VÍA DA PRATA: O Sendeiro / El Cártel de Mawey / Sessanta & Novanta / Cacao / Mercedes / Beher Compostela
CAMIÑO DO NORTE: Corrosco / Casa dos Xacobes / Medusa / Orixe / Casas Chico / A Ostrería



Ademais, establecéronse tres rutas de interese especial:
RUTA SEN GLUTE: La Morena / Nómade / Bodeguilla de San Lázaro / O Afiador / A Maceta / Artesana / A Vaquiña / El Muelle / Sindueña / Casa Ramos / Pico de Galo / O Testo / O Sendeiro / El Cártel de Mawey / Mercedes / Corrosco / Orixe
RUTA VEXETARIANA: La Morena / A Lareira / Vilar 64 / A Maceta / A Moa / Artesana / El Muelle / Suso / O´Flanagan’s / Sindueña / A Carrilana /O Testo / Corrosco / Medusa
RUTA DOCE: La Morena / Lusco & Fusco / Vilar 64 / A Maceta / A Moa / El Muelle / Suso / A Carrilana / Corrosco / Medusa
Aquelas persoas que completen estas rutas ou (é)TAPAS no Tapasporte poderán gañar diversos agasallos, tales como produtos galegos de calidade diferenciada procedentes de DOP, IXP, Agricultura Ecolóxica e de Artesanía Alimentaria; botellas de viño Ponte da Boga; packs de cervexa Estrella Galicia Especial; e lotes de Cafés Dromedario e ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia).

Tamén poderán conseguir abonos para o Obradoiro CAB e a SD Compostela, balóns vintage do Compos, libretas e bidóns ilustrados, paraugas, etc. O Tapasporte poderá recollerse desde o día de inicio do concurso na Oficina de Turismo de Santiago (rúa do Vilar, 63) en horario de 10.00 a 18.00 h de luns a domingo; e tamén en todos os locais participantes.
Ademais, o sábado 15 de febreiro haberá un premio especial sorpresa para as persoas que presenten na Oficina de Turismo os selos cubertos dos 5 establecementos distinguidos co selo de Calidade Turística SICTED, que son: Bodeguilla de San Lázaro, Bodeguilla de Santa Marta, Redes, O Sendeiro e Orixe. O XVI Santiago(é)Tapas, que se celebrará do 13 de febreiro ao 2 de marzo, volve a contar un ano máis como patrocinador principal coa empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Ademais, tamén colaboran co concurso a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Cafés Dromedario, ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia), Utimaq, Obradoiro CAB e SD Compostela.
