Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Xunta busca reducir prazos e evitar permisos municipais na construción de novas vivendas

compostela-ascensor-vivendas-ignacio-de-loyola-slide-4-febreiro-2020_r

Compostela, 24 de outubro do 2024 – Os novos orzamentos da Xunta de Galicia poderían levar implícitos cambios substanciais no que se refire á construción de nova vivenda.

Os plans presentados non gustan e o concelleiro de urbanismo de Santiago, Iago Lestegás, mostra a súa preocupación pola repercusión que poidan ter na cidade. Destaca en especial a intención do goberno autonómico de declarar proxectos de interese autonómico para a creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún tipo de protección pública.

Lestegas defendeu que as administracións públicas teñen que apostar polo aproveitamento do patrimonio residencial, mentres que a Xunta aposta por obra nova en calquera lugar e á marxe do que determina o planeamento. Esta declaración nace da intención do Instituto Galego da Vivenda de que as obras de construción de vivenda protexida pública e de aloxamentos compartidos para a mocidade que eles promovan non estean suxeitos a licenza municipal e que o certificado de fin de obras e a resolución de conformidade do IGVS producirá os mesmos efectos que a comunicación previa de primeira ocupación. “É un cambio substancial”, criticou.

O concelleiro tamén puxo en cuestión que o tempo para informar sobre un proxecto sexa dun mes cando a Xunta ten tres meses para os informes sectoriais sobre actuacións na maior parte dos casos moito menores. “Non se pode pretender que as administracións municipais analicen nun mes actuacións de envergadura e probablemente de gran complexidade”, advertiu o concelleiro de Urbanismo e Vivenda.

Lestegás tamén incidiu en que a duración permanente para a vivenda de protección pública e autonómica só será así en caso de ser desenvolvido por un promotor público e, senón, terá un máximo de 30 anos ou de 15 (se é para alugueiro). O concelleiro defendeu que esta protección debería ser permanente en todos os casos.

“O certo é que varre, pasa por riba do planeamento urbanístico e nos parece preocupante que a Xunta cada vez crea máis instrumentos con este obxectivo de pasar por riba, de varrer e anular a efectividade do planeamento urbanístico”.

Lestegás tamén ve un problema no destino de locais comerciais a vivenda. Considera que iso reduce aínda máis a posibilidade de que aparecen de novo os negocios de barrio e provoca que os grandes supermercados e as grandes superficies sigan a crecer. Entende o concelleiro que moitos pequenos negocios que se sitúan en primeiras plantas poderían moverse aos baixos e ter un maior contacto co barrio e coa cidadanía.

A socialista Mercedes Rosón en contra de esas normativas

A que fora concelleira de urbanismo no anterior goberno sente a mesma preocupación e vai máis alá ao acusar á Xunta de Galicia e ao Partido Popular de buscar “campar as súas anchas como fixeron xa coa senda ciclista que atravesa unha zona de especial protección como é o Banquete de Conxo ou a Colexiata de Sar. Aparentan un interese exacerbado polas políticas de vivenda cando levan 15 anos sen facer absolutamente nada”.

Rosón consideran que a Xunta fai un uso abusivo da Le de Acompañamento “coas modificacións lexislativas que prevén aprobar a Xunta de Galicia permitiría que nin os proxectos de planeamento nin ningún outro formalismo legal estean sometidos a licenza municipal”,  na práctica suporá que calquera construción de obra nova promovida polo executivo galego non terá que ser informada nin aprobada pola administración local. 

“A Xunta do Partido Popular podería optar por crear marcos legais para que o resto de administracións poidamos facer políticas de vivenda, pero prefire facer de menos unha

das competencias fundamentais dos concellos, como é a do planeamento” denuncia Mercedes Rosón amosándose moi crítica coa política de vivenda impulsada por parte do executivo de Alfonso Rueda e do seu antecesor, Alberto Núñez Feijóo. 

Borja Verea e as vivendas colaborativas

Mentres tanto o voceiro do PP en Compostela presume da intención da Xunta de construir na parcela de Xoán XXIII vivendas colaborativas para mozos, maiores ou interxeneracionais. Ata non hai moito o debate era a construción ou non de vivendas de luxo en ese lugar polo que algo avanzamos.

Verea da por feito este proxecto e di que “conseguimos o primeiro edicifico 100% público de vivendas colaborativas a 300 metros da praza do Obradoiro, este é o Santiago de progreso, universal e de futuro que eu defendo fronte ao Santiago acomplexado, pequeno e sen ganas deste decepcionante BNG; traballamos por unha política de vivenda seria que levamos defendendo no Pleno e no noso programa e que se contrapon aos anuncios baleiros dun BNG máis preocupado pola súa axenda radical que polos problemas de toda a veciñanza compostelá”.

O certo é que unha vivenda colaboratiba non deixa de ser un compartir piso. Sempre é mellor que non ter opcións pero considerablemente peor que acceso a unha vivenda propia, sexa en aluguer ou en compra.

Post navigation

Previous: Vagalume presenta o libro “Memorias dun proscrito”
Next: Teo solicita formalmente un acceso á autoestrada AP-9

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.