займ срочно

A Xunta licita a reforma de Rodríguez de Viguri, onde construirá o novo edificio administrativo

0

Compostela, 31 de xaneiro do 2023 – Máis de un millón e medios se destinarán á reforma da avenida Rodríguez de Viguri, en Santiago, que a Xunta de Galicia ven de sacar a licitación.

O proxecto para Rodríguez de Viguri contempla unha gran parada de transporte público no que se denominará Cidade de San Caetano. Este será o nome do novo edificio administrativo que se construirá nos terreos da antiga estación de autobuses da cidade.

Esta actuación está vinculada á execución da 1ª fase das obras dos dous primeiros módulos do edificio. O obxectivo da Xunta é iniciar ambas as dúas intervención na vindeira primavera, cun investimento autonómico conxunto de 36,2 M€

Adecuarase a rúa Rodr´guez de Viguri ao novo edificio administrativo, dando continuidade á urbanización executada no treito anterior e sendo tamén punto de partida da gran senda que unirá San Caetano coa intermodal, Conxo, o Hospital Clínico e O Milladoiro.

A parada de intercambio modal terá capacidade suficiente para dar cabida, polo menos, a cinco autobuses de liña regular ao mesmo tempo, tendo en conta que tamén prevé dar servizo aos autobuses urbanos que conectan co aeroporto e coa estación intermodal.

As empresas interesadas en executar a actuación poderán presentar ofertas ata o 27 de febreiro

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies