Compostela, 22 de outubro do 2024 – A presentación dos orzamentos da Xunta cara ao 2025 non provocaron ningunha sorpresa nas declaracións dos grupos do concello que defenderon os seus papeis habituais.

Si é certo que crece o investimento que recibe Santiago como Capital de Galicia non o é menos que o aumento non chega ao esperado. A partida que tería que compensar os gastos que a cidade ten por ser Capital de Galicia está lonxe das cifras que os informes marcan como necesarias.
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, falaba onte de incumprimento da Xunta por non reunir a Comisión da Capitalidade e deixaba un recado para o voceiro popular no concello, Borja Verea, sobre o seu dobre papel de concelleiro e parlamentario.
Verea pola súa banda defendía os orzamentos da Xunta e lembraba que subían, para a capitalidade, un dez por cento. Defendía tamén que as peticións realizadas pola alcaldesa eran unha esaxeración que só buscaban continuar o conflito entre as institucións.
Para o voceiro socialista, Gonzalo Muíños, dicía que a Xunta non se tomaba en serio o estatuto de Capitalidade e o defendía dicindo que o orzamento destinado polo goberno bipartito no seu dia fora maior que o actual. Insistía ademais que o acordo sobre o aparcamento do CHUS non ten partida económica polo que é papel mollado.
Este tema será de aquí a finais de ano un argumento recorrente nos debates políticos da cidade. Teremos que esperar a ver si a confrontación consegue mellorar os orzamentos vía emendas ou non hai máis que o presentado.