займ срочно

Sentenzas e residencias artísticas na Xunta de Goberno de Santiago

0

Compostela, 1 de outubro do 2019 – A Xunta de goberno local de Santiago aprobou a execución de varias sentenzas e a apertura da recepción de proxectos para residencias artísticas.

En esta ocasión foi a primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón, a encargada de dar conta dos asuntos tratados en Xunta de Goberno. Unha reunión na que se aprobou o texto da convocatoria de residencias de creación artística e estadías técnicas para proxectos de artes escénicas para o curso 2019-2020.

Rosón explicou que a convocatoria deste curso volverá a ter como sede a Sala Agustín Magán, no CSC de Santa Marta, pero que a intención do Goberno municipal é estendelas ao Centro Sociocultural do Romaño, unha vez que se dote á mesma dos elementos técnicos necesarios. Ademais, indicou que, no caso de Santa Marta, se vai intentar compatibilizar estas residencias coas necesidades veciñais para o centro sociocultural.

Sentenzas

Outro dos asuntos aprobados pola Xunta de Goberno foi a execución da sentenza relativa á indemnización á empresa Doal en relación ao contrato de xestión do servizo da ORA e do guindastre. Deste xeito, aboarase á devandita empresa a cantidade de 620.019,36 euros en concepto de indemnización substitutoria, pola imposibilidade material de executar a sentenza, cos intereses legais correspondentes. Fora noutra Xunta de Goberno, no mes de xullo, cando se acordara polo Goberno non recorrer a sentenza do Xulgado do Contencioso.

Tamén en materia xudicial acordouse executar outra sentenza, neste caso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, indemnizado á empresa Unika Proyecos y Obras SAU polo importe total de 7.297,42 euros. Trátase da empresa á que se lle adxudicara no seu día a rehabilitación do Palacio do Espiño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies