Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

 Os orzamentos de Compostela avanzan baixo a sombra da crise socialsta

compostela xgl orzamentos slide 18 febreiro 2025

Compostela, 18 de febreiro do 2025 – A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o proxecto de orzamentos e chega, en principio, a última fase da tramitación.

Desde que o grupo socialista se dividira en dous, abrindo unha teórica fenda no acordo de orzamentos asinado, as preguntas sobre a súa aprobación son prato fixo nas comparecencias do goberno municipal ante os xornalistas.

Hoxe repetirase a escena xa que o concelleiro de facenda, Manuel César, da unha rolda de prensa na que os orzamentos volverán a ser protagonistas. O goberno municipal apela ao compromiso dos socialistas e engaden que Marta Abal, que xunto con Sindo Guinarte afastouse dos denominados “díscolos”, participou nas negociacións.

A aprobación de este luns

A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de orzamentos municipais para este ano que ascende a máis de 146 millóns de euros, un 2,60% de incremento con respecto ao exercicio anterior.

Esta proposta terá que ser sometida agora ao Pleno para a súa aprobación inicial. Antes hai un paso previo: a Comisión Informativa de Facenda que previsiblemente celebrase esta semana de cara á súa inclusión nunha sesión plenaria extraordinaria que tería lugar a finais de febreiro. 

Na mencionada comisión poderase saber o que votan cada un dos grupos pero teñen a posibilidade de gardar ese voto para o pleno. O certo é que nin Sindo Guinarte nin Marta Abal, que son os que poderían cambiar de opinión, fixeron declaracións sobre o sentido do voto polo que todas as posibilidades existen a día de hoxe.

A voceira do Goberno municipal, Míriam Louzao, recordou na rolda de prensa que se trata dun “orzamento equilibrado” que ascende a 146.129.089,50 euros, unha cifra “que supón un 2,60% de incremento a respecto do exercicio anterior”. Tamén detallou que o gasto corrente situarase nos 130 millóns de euros e os investimentos reais estarían en torno aos 13 millóns. “Prevese unha operación de crédito por importe de 2.517.539,82, con efecto neutro no endebedamento municipal”, detallou a concelleira.

Post navigation

Previous: Controlar a auga
Next: 289.000 euros para un novo tramo da Vía Verde en Santiago

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.