займ срочно

Zonas de baixas emisións e parques infantís na Xunta de Goberno de Compostela

0

Compostela, 27 de decembro do 2022 – Compostela celebrou a Xunta de Goberno Local semanal que aprobou o proxecto de Zonas de Baixas Emisións e mellora da calidade do aire.

Na presentación do proxecto de baixas emisións participaron xunto ao alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños; e Eduardo Díaz, xerente de AAPP e Smart Tech da compañía Cinfo.

O casco vello será a primeira zona de baixas emisións

Eduardo Díaz explicou que se comezou por realizar unha análise da situación actual. Tomáronse datos de proxectos en marcha, como o chamado Trafair en colaboración coas universidades, e comparouse con outras cidades. O resultado é que a calidade do aire en Compostela é bo.

O experto di que con estes resultados o que se decidiu foi “impulsar o avance contra o cambio climático e a mellora da mobilidade”. Neste contexto, segundo Díaz, plantéxase unha zona principal de baixas emisións, na ámendoa do centro histórico de Santiago, para contribuír á súa preservación. As solucións tecnolóxicas que se empregarán serán as accións do proxecto de Smartiago para a esta contorna: control de acceso de vehículos, supervisión e control de accesos en aparcadoiros e paneis informativos.

O documento recolle as medidas e directrices necesarias para dar resposta aos requisitos establecidos na Lei 7/2021 de 20 de maio de Cambio Climático e Transición Enerxética para a implantación de Zonas de Baixas Emisións nos municipios que superen os 50.000 habitantes.

O concelleiro Gonzalo Muíños quixo transmitir unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía: “os veciños e veciñas non van ter que mudar os vehículos. Teñen garantido o paso na zona”, igual que os distribuidores de mercadorías. As ZBE vanse implantar de xeito gradual, explicou, algo “que ven para quedar”. En todo caso, sinalou que todos os “procesos que se vaian implantando” van ter un tempo de proba, “de información previa”. Todos os cambios que se vaian implementando, engadiu, vanse incluir no PMUS.

Parques infantís

A Xunta de Goberno tamén aprobou, como estaba previsto, a axudicación do expediente de contratación Subministración e instalación de elementos novos para a renovación da área de xogos infantís do parque de Pérez Lugín, por un importe de 56.930,78 euros, a HPC Ibércia, que presentou a proposta máis económica.

A maiores, deu luz verde á licitación do Parque Infantil da Almáciga”, establecendo un orzamento máximo de licitación de 85.771,82 euros, IVE engadido.

Aprobáronse, tamén distintas xustificacións de convenios, entre eles os das axudas para actividades de promoción e dinamización comercial anualidade 2022, con Fundación Santiago Centro, Área Comercial, por 24.061,85 euros; Asociación Em-Rede. Rede de iniciativas empresariais de Santiago e comarca, por 2.243,27 euros; Asociación de Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental, por 28.658,25 euros; Asociación Punto Compostela CCA, por 24.874,93 euros; e a Asociación de Artesáns e Comerciantes Ourives de Compostela, por 11.624,57 euros. E os das axudas a clubes e entidades deportivas para 2022, entre as que destacan a do Club Atletismo Santiago, por 10.000 euros; a do Obradoiro Club de Amigos Baloncesto S.A.D., por 120.000 euros; e a do Club Arteal Tenis de Mesa por 12.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies