займ срочно

Novos autobuses para Compostela

0

Compostela, 29 de novembro do 2022 – Santiago de Compostela disporá antes de fin de ano de 11 novos autobuses urbanos tras aprobar a Xunta de Goberno Local o seu aluguer.

Nove de estes novos autobuses estarán adscritos ao transporte urbano de viaxeiros antes dun mes segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo “tres están xa dispoñibles e seis veñen de camiño”. Os autobuses reforzarán “aquelas liñas que presentan máis problemas e nas que hai maior número de viaxeiros”.

Os outros dous, substituirían a dous vehículos da liña 7 de San Roque a Aríns “Dous buses novos, que poderían empezar a operar entre esta semana e a próxima”, segundo avanzou Sánchez Bugallo. Ademais, apróbase a adscrición dun terceiro vehículo, con data de matriculación de 2016, como vehículo de substitución dos anteriores e sen custe algún para o Concello, para o suposto de que fose necesario.

Licitación do novo alumeado

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén licitar o mantemento e subministro de alumeado público exterior do Concello, que prevé un aforro eléctrico superior ao 50%. Esta licitación corresponde ao alumeado das rúas, prazas e outros espazos públicos. Posteriormente licitarase outro contrato para o alumeado e mantemento dos edificios municipais.  O orzamento base de licitación deste contrato é de 49.984.582,31, IVE engadido, e contémplase por un período de dez anos. Segundo explicou o alcalde está previsto substituír uns 30.000 elementos “actualmente temos aproximadamente unhas 28.000 luminarias e vanse incorporar algunhas máis. A previsión que hai, é que unha vez adxudicado, se subtitúan todas por leds, que na actualidade no superan o dez por cento do total”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies