займ срочно

O xogo “Ti es a chave da primavera” celebra o Día Internacinal da Lingua Materna

0

Compostela, 20 de febreiro do 2023 – Este martes celébrase o Día Internacional da Lingua Materna e a Xunta ven de presentar o xogo “Ti es a chave da primavera” para conmemoralo.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, reuniuse cos autores do proxecto interactivo Ti es a chave da primavera, realizado co gallo do Día da Lingua Materna.

Trátase dunha colaboración con Ronsel de Ideas que da como froito un xogo familiaren forma de conto dixital interactivo que ten como obxectivo concienciar sobre a transmisión da lingua galega como unha chave para o futuro.

Os contidos deste proxecto, que inclúen o conto dixital “Ti es a chave da primavera”, así como un amplo abano de actividades interactivas adicionais relacionadas, xa están dispoñibles totalmente de balde no Portal da Lingua Galega .

Con motivo da súa difusión, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, indicou que estes contidos, xunto con outros que se presentarán proximamente, “veñen a enriquecer o repositorio de recursos destinados á infancia e á transmisión interxeracional do galego, tanto na familia como no ensino”.

García agradeceu o seu traballo a Roberto Noguerol, de Ronsel de Ideas, empresa responsable do proxecto especializada na elaboración de materiais e contidos divulgativos nas áreas de cultura, educación e lingua.

Co lema ‘Mil Primaveras máis’

Pensado para rapazada da Educación Primaria que está nun momento formativo moi importante, tanto desde o punto de vista da competencia coma do asentamento lingüístico, “Ti es a chave da primavera” inclúe un conto dixital e recursos interactivos adicionais en tres áreas, tituladas Dos xograres ao trap, Un idioma para percorrer o mundo, e Unha lingua de récords.

Tomando como fío condutor o lema Mil Primaveras máis, os materiais teñen o obxectivo de facerlle ver aos nenos e nenas que eles son unha peza fundamental do futuro do idioma, ao tempo que se quere reforzar e concienciar as familias na idea de que a transmisión da lingua é unha chave para o futuro dos seus fillos e fillas.

Programa Tece Redes en galego

Ti es a chave da primavera forma parte da iniciativa TeCe Redes en galego da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades é un repositorio de proxectos dixitais e servizos esenciais, creado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, co fin de fornecer un programa de dinamización lingüística e de transmisión xeracional dirixido ao público infantil e xuvenil, nas diversas interaccións verbais e escritas da súa vida cotiá e coas súas familias.

No marco deste programa realizáronse tamén ducias de actuacións teatrais, musicais ou exposicións que involucraron milleiros de persoas e que foron froito das propostas de profesionais do sector cultural, creativo e artístico galego.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies