Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Clínico terá aparcadoiro e a contorna melloras

compostela xunta aparcamento clinico 5 agosto 2024 (2)

Compostela, 6 de agosto do 2024 – A pasada semana a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asinaba o protocolo de colaboración coa Xunta que definirá a ordenación da contorna e a mellora da accesibilidade ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Na súa intervención, reivindicou a relevancia desta sinatura, que permite avanzar na resolución dunha das preocupacións da veciñanza compostelá e a súa área e agarda que o convenio do Clínico sexa “un punto de partida” para acadar máis acordos e colaboración institucional.

Na sinatura do acordo, por parte da Xunta, participaron as tres consellerías implicadas. Concretamente, subscribiu este protocolo o conselleiro de Sanidade e presidente do Sergas, Antonio Gómez Caamaño, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez Mejuto. No acto, acompañaron a Sanmartín a primeira tenente de alcaldesa, María Rozas, e o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás.

O protocolo asinado inclúe a construción dun aparcadoiro, en altura e soterrrado, e a mellora da calidade urbana da contorna do complexo hospitalario dentro do perímetro dun plan de interese autonómico (PIA) que será acordado entre ambas as administracións.

Mediante a sinatura deste convenio, a Xunta comprométese a financiar o 100% do custo dos contratos de servizo e o 90% do custo da expropiación de terreos e da execución das obras derivadas do protocolo.

Goretti Sanmartín subliñou que, en todo caso, antes da aprobación final dese plan de interese autonómico é tamén urxente avanzar no aparcamento, que se situará dentro da parcela do hospital, e no acceso da Volta do Castro. “O aparcadoiro é unha actuación absolutamente prioritaria para contar, canto antes, con prazas imprescindibles para o estacionamento”, enfatizou Sanmartín.

A alcaldesa de Santiago defendeu a necesidade desta infraestrutura que non só o é para a veciñanza compostelá, senón que vai ser beneficiosa para toda a área sanitaria, na que Santiago representa o 22% da poboación dos 46 concellos que a integran e que dá servizo a uns 450.000 habitantes, ademais de ao propio persoal sanitario.

Este acordo permitirá dotar dunhas mil prazas de aparcamento a contorna do CHUS, onde ambas as dúas administracións detectaron nos seus respectivos estudos de mobilidade a problemática de fluxos de circulación e de falta de prazas de estacionamento na área na que se sitúa o complexo hospitalario.

O Concello de Santiago, pola súa banda, comprométese no acordo a recoller na ordenanza fiscal correspondente a exención do pagamento do IBI para o Hospital Clínico e o futuro Centro de Protonterapia que se constrúe ao carón unha vez rematen as obras dese centro e as de ampliación do hospital.

A este respecto, Goretti Sanmartín destacou, dunha banda, que este “esforzo” do Concello paga a pena porque estamos a falar da dotación dun aparcadoiro que vai facilitar a mobilidadade e, polo tanto, vai “resolver un grave problema e mellorar a calidade de vida das persoas usuarias”.

Sanmartín defendeu que o goberno se debe ao conxunto da veciñanza e por iso fomos quen de dialogar e de achegar posturas para conseguir un acordo no que ambas as partes “tivemos que ceder en favor do ben superior”: a resolución a un problema, na que hoxe poñemos “a primeira rúbrica e que continuará coa sinatura dos convenios específicos correspondentes”.

Puxo como exemplo deste diálogo a depuradora da Silvouta, na que “as administracións foron da man” e dixo e subliñou que está segura de que este mesmo espíritu de diálogo “permitirá afrontar os retos que temos por diante: a capitalidade, o equilibrio do impacto turístico, o impulso industrial ou a dotación de servizos”.

Post navigation

Previous: Este xoves comeza o Noia Harp Fest
Next: Val do Dubra segue coas protestas contra o vertedoiro de Niveiro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.