Compostela, 10 de outubro do 2023 – A asociación Micolóxico-Naturalista Pan de Raposo e o concello de Santiago organizan as Xornadas Micolóxicas de Conxo os vindeiros 13 e 14 de outubro.
O concelleiro Xan Duro e o experto en micoloxía, José María Costa Lago, presentaron as actividades que se desenvolverán no CSC do barrio de Conxo. As Xornadas comenzarán o venres, coa inauguración dunha exposición no Aurelio Aguirre. A partir das 20.15 horas, o presidente da asociación micolóxico-naturalista Pan de Raposo ofrecerá unha conferencia sobre os cogomelos comestibles.
Xa no sábado 14 están previstos dous roteiros. Pola mañá, a partir das 9.30 horas, haberá unha ruta micolóxica ao Monte Pedroso, con saída desde o centro sociocultural de Conxo. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, haberá un paseo polo Banquete de Conxo. Os dous roteiros teñen límite de prazas, e precisan de inscrición previa no teléfono 981 52 87 40.
As Xornadas Micolóxicas pecharáse, a partir das 19.30 horas, cunha charla no centro sociocultural sobre cogomelos tóxicos e tipos de intoxicación, a cargo de José María Costa Lago, que tamén fai parte da asociación Pan de Raposo, é titulado en Química e Farmacia e ten publicados varios títulos de referencia sobre os cogomelos en Galicia. O concelleiro Xan Duro lembrou que as Xornadas Micolóxicas de Conxo “naceron hai xa quince anos da man duns afeccionados micólogos próximos ao barrio, e neste tempo foise incrementando o interese polo mundo dos fungos”. Para o concelleiro, “esta iniciativa é un bo exemplo das sinerxias que deben cremos que deben xerarse ao redor dos centros socioculturais, nos que a propia veciñanza é protagonista no deseño da programación”. Duro tamén lle agredeceu á asociación Pan de Raposo e en particular a José María Costa “o seu traballo e o seu esforzo didáctico nestas xornadas”.