займ срочно

Compostela acolle unhas xornadas “Por unha Economía Global Xusta e Sostible”

0

Compostela, 7 de setembro do 2023 – Coincidindo co I Encontro de Ministros de Economía da UE, Latinoamérica e Caribe, a Plataforma por Empresas Responsables, PER. Organiza en Santiago as xornadas “Por unha Economía Global Xusta e Sostible”.

As xornadas, que se celebrarán a vindeira semana, foron presentadas pola concelleira de Dereitos Sociais, María Rozas, acompañada por Amaya Acero, coordinadora da PER; e José Luis Barreiro, membro da xunta directiva da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento e coordinador de Entreculturas en Galicia e Asturias.

As xornadas “Por unha Economía Global Xusta e Sostible” serán aberto ao público e contarán coa participación de numerosos axentes da sociedade civil, defensores e defensoras de dereitos humanos e do medio ambiente, que urxen ao Goberno de España a que lidere a aprobación dunha Directiva de Dilixencia Debida das empresas en materia de sostenibilidade ambiciosa e eficaz, durante a Presidencia española do Consello da UE.

Programa

O programa de actividades das Xornadas “Por unha Economía Global Xusta e Sostible” comezará o mércores 13 de setembro coa proxección do documental “La ilusión de la abundancia” na sala Numax. Tras a película, que amosa a realidade que viven as vítimas de abusos corporativos e as vulneracións dos dereitos humanos e ambientais perpetrados por parte de empresas que operan nas súas comunidades, terá lugar un coloquio con activistas polos dereitos humanos e do medio ambiente chegados dende Guatemala, Ecuador e Colombia.

Os actos continuarán o xoves 14 de setembro con sesións de debate e reflexión na Facultade de Filosofía, que contarán coa participación de representantes de Nacións Unidas, eurodeputados e eurodeputadas, representantes da sociedade civil, empresas, activistas e sindicatos. Baixo o nome “Empresas europeas en América Latina: retos e oportunidades para a sostenibilidade social e ambiental”, as diferentes mesas de debate céntranse en como as propostas de lexislación obrigatoria sobre dereitos humanos e debida dilixencia ambiental, tanto na UE como en América Latina, poden desempeñar un papel chave no avance da axenda de investimentos sostibles.

Ese mesmo día pola tarde, as Xornadas “Por unha Economía Global Xusta e Sostible” finalizarán cun acto reivindicativo de rúa, que terá como protagonista a “Estatua da Inxustiza”. Arredor desta figura, que simboliza as inxustizas que sofren as vítimas de abusos corporativos, habilitarase un espazo de concentración e de reflexión, onde se reunirán propostas para un mundo máis xusto e sostible.

A urxencia da lexislación

Nun momento no que están en curso as negociacións da futura directiva baixo a presidencia española é importante visibilizar a importancia da mesma e facer chegar tamén aos ministros e ministras europeos a necesidade de adoptar unha directiva ambiciosa e eficaz que forme parte da solución para unha economía e un planeta sostibles en favor das persoas e do medio ambiente.

Un cambio normativo sobre Dilixencia Debida, que se aplique na totalidade da cadea global de valor, que amplíe a lista de sectores considerados de alto risco, como as institucións financeiras e bancarias e que impulse a eliminación das barreiras legais para o acceso das vítimas á xustiza; é chave na loita contra o traballo infantil, o traballo forzoso, a contaminación e a degradación ambiental.

María Rozas salientou que “é unha honra que Santiago fora a cidade elixida para que os ministros e ministras da Unión Europea, América Latina e Caribe afronten os grande desafíos económicos globais, e para nós un deses desafíos que debe estar na axenda é avanzar cara unha economía global xusta e sostible”.

Por iso, incidiu a tenenta de alcaldesa, “o Concello colabora coa Plataforma por Empresas Responsables na organización destas xornadas, que porán o foco nesa reivindicación e na necesidade de avanzar en directivas que obriguen ás grandes empresas multinacionais a reducir e a responder polos impactos negativos que xeran no medio ambiente e nos dereitos humanos”. Rozas loubou o traballo da PER e o compromiso das máis de 500 entidades que forman parte dela, “porque son as que permiten avanzar cara o mundo máis xusto que queremos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies