Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Compostela cuántica

a-baralla-cuantica_kiko-pastur-e-javier-mas

A casa das Máquinas de Santiago de Compostela pon hoxe o foco na computación cuántica desde o prisma máis lúdico ata o máis científico.


O interese pola computación cuántica e todo o que ver con ese mundo tan descoñecido creceu nos últimos tempos a un ritmo tal vez inesperado. Hoxe a Casa das Máquinas de Santiago acolle un serán no que saber un pouco máis del.

A primeira cita será ás sete da tarde co espectáculo “A baralla cuántica: percepción, información e realidade”. Ás sete da tarde Javier Mas e o mago Kiko Pastur sorprenderán aos asistentes nunha mestura de maxia e información.

Javier Mas é  investigador do IGFAE e Kiko Pastur un recoñecido mago que se unen, coa axuda do ilusionismo, para representar a perplexidade e confusión que supuxo o desenvolvemento das teorías da mecánica cuántica sobre a nosa percepción e coñecemento. A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo.

A actividade enmárcase na Semana da Ciencia do IGFAE, que na súa oitava edición céntrase na conmemoración, neste 2025, do Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuánticas.

Con esta efeméride conmemórase o centenario da publicación dalgúns dos artigos máis relevantes para a construción da mecánica cuántica, a teoría que describe as propiedades dos elementos fundamentais da materia, da man de autores como Einstein, Planck, Böhr, Schrödinger, Heisenberg, De Broglie, Born ou Dirac.

Máis alá da investigación cuántica

Unha hora despois, ás oito da tarde, Antía Lamas Liñares, impartirá o relatorio “A segunda revolución cuántica: o camiño dende a ciencia á enxeñaría”. Antía é unha física compostelá que na actualidade exerce de científica cuántica principal en Amazon Web Services.

Na súa charla abordará as oportunidades que ofrece, 100 anos despois, o desenvolvemento da mecánica cuántica para producir novas tecnoloxías e produtos.

Antía Lamas Liñares criouse en Santiago e fixo a carreira de Física na USC. Despois obtivo un máster en Óptica Aplicada no Imperial College London, e o seu doutoramento na Universidade de Oxford.

Posteriormente realizou unha estadía posdoutoral na Universidade de California Santa Barbara, antes de establecer o seu propio grupo de óptica cuántica na Universidade Nacional de Singapur. Alí axudou a lanzar o Centro de Tecnoloxías Cuánticas, do que foi Investigadora Principal fundadora.

Desde 2010 traballa nos Estados Unidos, primeiro no Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía e despois no Centro de Computación Avanzada de Texas. En 2019 uniuse a SpeQtral, unha startup singapurense centrada en comunicacións cuánticas baseadas en satélites, como Científica Cuántica Principal. En 2021 incorporouse a Amazon.

Post navigation

Previous: O Plan Único da Deputación inviste 9,5 millóns de euros en Negreira
Next: A Fundación ForGa imparte no Milladoiro catro cursos gratuítos

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.