займ срочно

Cócteles e repostería de Melide nunha xornada organizada polo Consello regulador dos Augardentes  

0

Compostela, 28 de xuño do 2022 – O Consello Regulador das Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia organiza unha xornada de coctelería e repostería de Melide.

A cita terá lugar este xoves a partir das seis e media da tarde no Hotel OCA Porta do Camiño. O barman Anxo Camiña encargarase da parte dos cócteles mentres que a repostería correra a cargo de Alberto Rodriuez, presidente da Asociación de Repostería Tradicional Melide Terra Doce.

A vocal e enóloga, Sonia Otero realizará unha presentación dos produtos e as elaboracións que se van a realizar durante o evento.

Reencontros

“Reencontros. O espírito galego na Coctelería e Repostería” pretende dar a coñecer as posibilidades que ofrecen os destilados autenticamente galegos no mundo da coctelería. Anxo Camiña preparará en directo catro cócteles con diferentes produtos do consello regulador. Mentres os elabora, os participantes nesta xornada poderán coñecer máis detalles sobre os destilados utilizados en cada proposta.

Pola súa banda Rodríguez explicará as sobremesas e as posibilidades de elaboración que maridan cos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

O presidente do CRIIGG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, José Antonio Feijoo destacou que “este tipo de actividades contribúen a coñecer a gran versatilidade dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, que se poden degustar sós, en cócteles ou no mundo da cociña”.

Para participar, só hai que inscribirse de maneira gratuíta no correo orujo@orujodegalicia.org indicando nome, apelidos e teléfono de cada un dos asistentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies