Compostela, 13 de febreiro do 2018 – Compostela presentou o plan estratéxico que marcará a xestión do turismo na cidade ata o 2022. A concelleira Marta Lois e a xerente de Incolsa, Flavia Ramil, foron as encargadas de presentar o documento aos medios de comunicación.
O Plan estratéxico do turismo separa o traballo a realizar en 5 grandes bloques que conteñen cada un deles unha serie de medidas concretas. Algúns de eses traballos xa comezaron e outros comezaran en breve aproveitando a partida dos orzamentos destinada a tal fin.
Áreas de traballo
As areas de traballo definidas no plan son a gobernanza, na que se procura unha nova forma de xestión con medidas como os foros por barrios o o establecemento de novas canles de comunicación. A descentralización, novas rutas turísticas e unha estratexia dixital mellor deseñada. O reto da desestacionalización no que se buscará outro tipo de turistas con proxectos como a Experiencia Urban SCQ, Compostela literaria ou Compostela romántica. A sustentabilidade no se que se buscará o aproveitamento da contorna verde da cidade e a implantación dunha taxa turística e outra para excursionistas. Finalmente está o reto da xentrificación centrado no casco vello; trátase de recuperar o espazo non so para o turismo se non para a cidade con medidas que impulsen a chegada de novos veciños, a delimitación e acotación das zonas a traballar e a chegada da fibra óptica.
Un traballo de todos
Marta Lois explicou na presentación que no deseño de este plan colaboraron distintos sectores da cidade e que, no seu impulso, fai falla a implicación de tódalas administracións e tamén da iniciativa privada
A controvertida taxa turística foi unha das cuestión que máis preguntas recibiu dos xornalistas, a realidade como explican Marta e Flavia e que necesita do apoio da Xunta de Galicia para poder ser implantada
Por outra banda a taxa a excursionistas, que so visitan a cidade e non pernoctan, é de competencia municipal e cidades como Lisboa xa a aplican, agora trátase de buscar a fórmula legal que a permita como explicaba Marta Lois
Unha das medidas nas que se leva traballando tempo e a recuperación do selo de calidade SICTED, abandonado no 2011, Flavia Ramil explicaba en que consiste
Outra das medidas e a dos prescriptores, persoaxes públicos amantes de Compostela aos que se lles pedirá que colaboren na difusión da cidade
O Plan ten un orzamento ata o 2022 que pode chegar aos 8 millóns de euros.