Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Xantar na casa, delivery para vulnerables

compostela xantar na casa 28 xaneiro slide normal 2025

Compostela, 28 de xaneiro do 2025 – Compostela súmase ao programa Xanta na Casa que xa está presente en varios concellos, maioritariamente do rural.

Xantar na Casa é outro de eses servizos que se converteu en imprescindibles para a poboación que, por diversas causas, é vulnerable. O que hai anos consideramos unha moda, que che levan a comida a casa, mudou nun servizo cada vez máis imprescindible para moita veciñanza.

A Xunta de Goberno Local de Compostela aprobou o programa Xantar na Casa “para seguir avanzando na atención ás persoas maiores e dependentes” en palabras da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas.

Rozas explicou que, con este novo servizo, “avanzamos na mellora da atención ás persoas maiores e dependentes, que é un dos obxectivos prioritarios do Goberno”.

A aprobación de Xantar na Casa era o último paso previo necesario para a posta en marcha, despois de asinar o correspondente convenio co Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia.

As persoas beneficiarias serán seleccionadas, previa valoración técnica, polo departamento de Servizos Sociais. O Xantar na Casa ten como obxectivo garantir unha alimentación equilibrada, de calidade, e adaptada ás necesidades das persoas maiores, en situación de dependencia, ou en risco de exclusión social.

Facilítase a súa permanencia nos seus fogares, evítanse situacións de risco asociadas ao proceso de elaboración dos alimentos, e dáselle un respiro ás súas persoas coidadoras. Segundo María Rozas, Xantar na Casa será un bo complemento para o Servizo de Axuda no Fogar “e coa súa posta en marcha atendemos a unha demanda que nos viña trasladando a veciñanza”. 

As persoas beneficiarias recibirán semanalmente no seu domicilio un máximo 7 e un mínimo de 5 bandexas diferentes co xantar para cada día da semana. Tamén se facilita frigorífico e microondas no caso de que os fogares das usuarias non dispoñan deses electrodomésticos.

O prezo do xantar está fixado en 7,50 euros por persoa e día, dos que o 46,6% é achegado pola Xunta, mentres que a persoa beneficiaria e o Concello achegan o 26,6% cada parte. O Concello destinará a este programa 233.600 euros. 

Persoas beneficiarias

Tal e como se recolle no programa aprobado hoxe, poderán ser beneficiarias de Xantar na Casa as persoas maiores de 60 anos con limitacións para o seu desenvolvemento persoal e sen rede de apoio; persoas en situación de dependencia ou con discapacidade recoñecida, ou persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos Servizos Sociais.

Á hora de baremar as solicitudes, teranse en conta criterios relativos á unidade de convivencia e a rede informal de apoio da persoa solicitante, as características da súa vivenda, a situación económica, a súa autonomía persoal, a idade, ou o seu grao de dependencia. 

O programa “Xantar na Casa” contará inicialmente cun máximo de 60 prazas, e unha vez cubertas as persoas solicitantes quedarán en lista de agarda. A intención do Concello é que ese número de prazas poidan ser ampliadas nun futuro.

Post navigation

Previous: O máis lido de Lindeiros do 20 ó 24 de xaneiro
Next: En Frades a prevención viaxa en bus

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.