Compostela, 3 de setembro do 2019 – O editor de Hollywood con 3 premios Óscar, Walter Murch, participa no Congreso da Sociedade Española de Neurociencia.
Walter Murch participou en películas como Apocalypse Now, The Godfather Part II e Parte III, The Conversation ou The English Pacient. Acude a Santiago para intervir no 18º Congreso que a Sociedade Española de Neurociencia celebra en Compostela dó 4 ao 6 de setembro.
O xoves día cinco terá lugar unha sesión titulada ” Parpadea e perderalo: o cerebro e a edición cinematográfica”. En ela, xunto a Murch, interverá o profesor e director da División de Neurociencias da Universidade Pablo de Olavide, José María Delgado-García; e a directora do Neuro-Com Research Group da Universidade Autónoma de Barcelona, a doutora Celia Andreu-Sánchez. Esta sesión pretende debater sobre a unión das neurociencias e as ciencias da comunicación, incluídas no marco da neurocinemática, a través dun enfoque multidisciplinar, co obxectivo de coñecer como percibimos o cine.
A sesión terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, o 5 de setembro ás 20 horas.