Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

As voces do cisma socialista en Compostela

voces disma psoe compostela slide 21 xaneiro 2025

Compostela, 21 de xaneiro do 2025 – O cisma socialista en Compostela verbalizouse este luns cunha rolda de prensa na que Gonzalo Muíños, Mila Castro, Mercedes Rosón e Marta Alvarez quixeron aclarar as razóns da situación actual.

Le “Crece o labirinto socialista en Compostela” para saber máis

Posteriormente Sindo Guinarte e Marta Abal, os outros dous concelleiros do grupo municipal socialista en Compostela, chegaron ao concello para votar ao novo voceiro. Unha reunión que non se celebrou e a saída da cal os medios puideron tamén preguntar pola situación.

Na rolda de prensa Gonzalo Muíños foi contestando a todas as acusacións que se recollen no expediente que acabou por suspendelo de militancia. O resumo de todo ese proceso é, segundo Muíños, un plan urdido por Aitor Bouza, secretario local do partido socialista en Compostela, e Marta Santullano, que forma parte da executiva local, para acceder ao cargo de concelleiros obrigando a dimitir aos actuais.

Mercedes Rosón apela á representatividade de Gonzalo Muíños cun exemplo moi claro: todo o mundo na cidade sabía que Muíños formaba parte da candidatura de Sánchez Bugallo e niguén coñecía a Aitor Bouza.

Mila Castro incidiu en que as normas do partido non poden estar por riba da lexitimidade e que o que está a suceder é unha vulneración de dereitos fundamentais.

Pola súa banda Marta Álvarez facía a intervención máis curta pero máis crúa ao explicar as presións ás que se viu sometida para que deixara a acta de concelleira e dimitira.

Sobre a polémica arredor da súa función de voceiro, Gozalo Muíños o ten claro: mentres o secretario do concello non diga o contrario el seguirá ocupando ese posto.

Ao longo da rolda de prensa todos os presentes falaron de “mercadeo de postos” e o propio Gonzalo Muíños explicou o que lle ofreceron si conseguía que as súas compañeiras dimitiran.

Sobre o cisma no propio grupo municipal, xa que Sindo Guinarte e Marta Abal apoian ao partido, Mila Castro e Mercedes Rosón explicaron que “algo pasou” e deixaron como dato a presunta afiliación de Marta Abal ao partido sen dicirllo a eles.

A outra veira do río

Sindo Guinarte , nomeado polo partido novo voceiro, convocara aos membros do grupo municipal a unha reunión para tomar posesión. A normativa indica que o grupo municipal debe votar ao novo voceiro que propón o partido polo que todos estiveron pero foi unha “non reunión” que durou seis minutos.

Á saída Guinarte e Abal contestaron ás preguntas dos medios comezando por esa diferencia de posicións que divide ao grupo municipal socialista en Compostela e dúas veiras. Sindo Guinarte explicou que desde o verán viñan insistindo na necesidade de falar co partido.

Máis alá da situación política está a práctica que se concreta na votación dos orzamentos acordados entre o goberno municipal, formado por BNG e Compostela Aberta, e o Grupo Municipal Socialista. Os votos en contra de Guinarte e Abal sumados aos dos PP tirarían por terra as contas pero polo momento é algo que non decidiron.

A outra derivada de esta situación non é menos importante e podería levar a “guerra” aos despachos do concello. Guinarte non contempla unha situación na que se pase ao grupo mixto, ou segue no grupo municipal socialista o marcha para casa

A dimisión de Guinarte ou Abal, segundo as fontes consultadas, abriría a posibilidade de que Aitor Bouza collera a acta de concelleiro. A situación que se produciría sería difícil de cualificar, as dúas correntes socialistas estarían baixo o mesmo teito.

Aitor Bouza falaba, catro meses despois de ser elixido como secretario local, dos cambios que quería facer comezando pola agrupación socialista. Veremos se é capaz de levar os cambios ata o edificio do concello

Pero ademais dicía que serían unha oposición resonsable e que apoiar os orzamentos ( no ano 2023) era unha boa mostra de esa actitude, queda por saber si segue pensando o mesmo.

Pero o socialismo en Compostela acostuma a facer equilibrios inesperados. Sendo voceiro Paco Reyes, estiveron anos se un concelleiro porque Antón Barba non quería coller a acta pero tampouco renunciaba a ela.

Este é un capitulo máis nas voces dos protagonistas, veremos cal é o seguinte. 

Post navigation

Previous: Máis obras no Milladoiro, en Ames
Next: Crece o labirinto socialista en Compostela

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.