Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Compostela presenta a súa visión do Ensanche do futuro

O concelleiro de urbanismo, Iago Lestegás, presentou un ante proxecto que serviría de modelo para o resto do Ensanche.

compostela reforma ensanche 16 xanero 2026

Compostela pensa nun Ensanche máis peonil, con máis árbores e máis altos, e no que convivan coches, transporte e bicicletas nun tráfico calmado. Esta idea concrétase no ante proxecto para a rúa de Santiago de Chile e a Praza de Vigo presentado onte no concello.

Un proxecto piloto que se someterá a opinión da veciñanza afectada pero que debería servir, tras as aportacións da poboación, para a reforma de Santiago de Chile e a Praza de Vigo como primeiros pasos no Ensanche.

De Praza a parque

A reforma que se propón para a praza de Vigo é particularmente novidosa xa que se converte, na práctica, nun pequeno parque interior. O proxecto elimina o acceso desde Rosalía de Castro e a única entrada desde Santiago de Chile só permite xirar cara a Avenida de Vilagarcía ou bordear o espazo cara a Rúa Nova de Abaixo.

Na infografía descóbrese un parque cheo de bancos, herba e árbores, baixo o que se mantén o actual aparcamento, que será municipal dentro de pouco. Unha reforma que inevitablemente reduce o tráfico e da prioridade aos peóns e ao espazo humanizado.

A chegada a este pequeno parque interior no Ensanche farase por unha rúa Santiago de Chile que mellora ideas como as realizadas no seu día en Alfredo Brañas ou República do Salvador. Un carril central con pouco máis de tres metros cunhas limitacións de velocidade que permitan a cohabitación de coches con transporte e bicicletas.

Aos lados dúas seccións de pouco máis de dous metros nas que se poden instalar distintos elementos. Unha solución arquitectónica modular que dispón de, como si dunha habitación xuvenil se tratara, zonas de bancos, de terrazas, de aparcamentos ou de contedores de tal xeito que dependendo do lugar da rúa se poidan colocar uns ou outros.

Tras estas seccións adaptables ao entorno estarían as beirarrúas. O resultado un Ensanche con rúas con árbores máis afastados das vivendas pero máis altos, con distintos espazos para o lecer e o uso práctico, e un carril no que a mobilidade sexa algo calmado.

Este tipo de modelos bebe de experiencias como as de Barcelona na que se delimitaron zonas que eran bordeadas polo tráfico mentres no interior se conseguían espazos pensados para a cidadanía. Un exemplo máis próximo sería Pontevedra, premiada internacionalmente,

Pese as reticencias que pode xerar, especialmente nos usuarios de vehículos, a experiencia en vilas de distintos tipos demostra que as limitacións aos coches (por velocidade ou por accesos) acaba por diminuír o número deles que acceden ás zonas e ao pouco tempo as reformas están integradas.

Os espazos habilitados xa nas confluencias de Xeneral Pardiñas con Montero Ríos e República do Salvador  son bos exemplos da adaptabilidade tanto de peóns como de vehículos. En calquera caso o Ensanche terá que esperar ás conversas coa veciñanza, á licitación do proxecto e a posterior licitación das obras pero cando menos hai un plan.

Post navigation

Previous: Arzúa estrea área de descanso na Fervenza das Hortas
Next: A Baña destinará dous millóns de euros a obras ao longo do 2026

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.