Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Recuperan virtualmente o  Edificio Castromil  

mesa redonda castromil 29 outubro 2025 (2)

O grupo IDEAHS e o proxecto ARSOGAL da USC lembran os 50 anos da desaparición do Edificio Castromil presentando as imaxes da súa recreación virtual


Este venres 31 de outubro, ás 18:00 h, o Auditorio do Museo do Pobo Galego acollerá o evento “Virtualizando o Edificio Castromil 50 anos despois da súa demolición”. O evento lembra a data da demolición, en setembro de 1975, tras un intenso proceso de denuncia iniciado desde o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).

A iniciativa forma parte do proxecto “Arquitecturas soñadas. Proyectos fallidos y pensamiento utópico en la historia de la arquitectura en Galicia” (ARSOGAL). O acto estará conducido por Santiago Rodríguez Caramés e Paula Franjo Calvo e intervirán tres dos redactores do anteproxecto de rehabilitación do edificio, os arquitectos Carlos Almuíña, Xosé Lois Martínez e Xosé Manuel Casabella, que, xunto aos xa falecidos Ramón Baltar e Xosé Bartolomé, elaboraron no 1975 o proxecto para salvar o edificio situado na Praza de Galicia.

A proposta para o edificio Castromil pretendía conservar o inmoble e dar uso público e colectivo ao edificio cunha intervención que conservaba a idea inicial de aparcadoiro subterráneo e unha ampliación de edificio multiservizos con sala de concertos,  , oficinas municipais e uso hostaleiro. 

O proxecto do Edificio Castromil nin sequera chegou a ser debatido, pero foi agora recuperado a través dunha virtualización en 3D realizada polo Centro Infográfico Avanzado de Galicia, representado no acto por Carlos Paz de Lorenzo, en colaboración cos investigadores de ARSOGAL.

As imaxes, que recrean tanto o edificio desaparecido como a proposta non realizada, permitirán revisitar este episodio clave na historia do patrimonio urbano de Santiago de Compostela. Este encontro será unha oportunidade para reflexionar sobre os vínculos entre arquitectura e memoria, e para coñecer de primeira man os avances tecnolóxicos que permiten recuperar espazos desaparecidos e reimaxinar o seu lugar na cidade contemporánea, desta volta en memoria dun edificio que pervive no imaxinario cidadán e que se considera como unha das decisións urbanísticas máis polémicas do século XX en Compostela. 

Post navigation

Previous: Un futuro industrial sostible na Maker Faire Galicia
Next: Ames precisa tres millóns de euros dos remanentes para gastos xerais

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.