Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A plataforma veciñal manifesta a súa “total oposición” ao acordo sobre Peleteiro

peleteiro-pasa-de-curso-slide-25-maio-2022_r

Compostela, 26 de febreiro do 2025 – O acordo entre a SAREV e o goberno municipal de Santiago de Compostela para o solar de Peleteiro é rexeito pola plataforma veciñal que di mostrarse indignada.

Ao longo dos últimos anos a opinión dos veciños da zona de Peleteiro, dunha parte polo menos, foi unha variable usada polos políticos de distintas formas dependendo do momento. As veces era unha opinión prioritaria e noutras pedíuselles ceder polo ben da cidade.

A posibilidade de que acudiran aos tribunais chegado o caso era un argumento de peso para buscar un consenso que agora, cando pode existir unha solución definitiva, parece non existir. Nun comunicado a plataforma veciñal “Solar de Peleteiro” oponse ao proxecto e asegura que “se vulneran as distintas ordenanzas municipais”.

Política e normativa

Por un lado a plataforma manifesta “indignación e oposición” ao proxecto presentado polo goberno municipal para Peleteiro e carga en concreto contra a alcaldesa Goretti Sanmartín. Os motivos son a falta de diálogo coa veciñanza que leva a que non sexa un acordo consensuado “cando sempre foi o argumento que utilizou na anterior lexislatura para non aprobar o proxecto presentado polo goberno anterior do PSOE”.

Tamén denuncian “escurantismo” xa que non foi ata este luns cando coñeceron os pormenores cando “xa non hai posibilidade de mellora”. Aseguran ademais que o proxecto causa “na práctica, os mesmos prexuízos que o presentado anteriormente pola SAREV”.

Pero a plataforma “Solar de Peleteiro” denuncia tamén a vulneración de “distintas ordenanzas municipais sobre as alturas acadadas no máis alto da construción ao permitir sobre áticos que prexudican seriamente á veciñanza da rúa da Rosa”.

Engaden que esas alturas “suporán un impacto negativo e irreversible sobre a veciñanza da rúa República Arxentina”.

Erros dos anos 60

Para esta parte da veciñanza de Peleteiro o proxecto comete os “mesmos despropósitos urbanísticos do Ensanche compostelá dos anos 60 ao reproducir os mesmos esquemas que tanto se criticaron”. Aseguran que “se incrementará notablemente o tráfico nunha zona xa de por si saturada”. A plataforma remata lamentando “a perda desta derradeira oportunidade de facer un intervención urbanística digna da nosa cidade e da súa veciñanza”.

Post navigation

Previous: Ames e Compostela optarán de novo a fondos europeos
Next: Bonecas Ohinasama na Fundación Granell

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.