Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Os veciños prepáranse para presentar alegacións ao plan de Peleteiro

peleteiro-pasa-de-curso-slide-25-maio-2022_r

A Plataforma de Veciñal de afectados polo plan para o solar de Peleteiro convoca unha asemblea a vindeira semana para falar das posibles alegacións.

A Plataforma Veciñal que congrega aos afectados polo plan presentado para a parcela do antigo colexio Peleteiro ven de publicar unha convocatoria para falar das posibles alegacións a presentar. Será o vindeiro luns, as oito e media da tarde, no Centro Socio Cultural do Ensanche.

Xunto á convocatoria a Plataforma publica un texto no que describe a súa opinión sobre o plan presentado e as demandas que eles teñen para a parcela. Estes veciños consideran  “un erro histórico insistir nun modelo urbanístico tan criticado e cuestionado como é o Ensanche compostelá que lonxe de mellorar a nosa calidade de vida, do comercio local e dos visitantes, o que vai facer é aumentar os problemas actuais”.

Indican ademais que a “única explicación para que se insista na pésima proposta aprobada é simplemente especulativa cuxo negocio vai xerar unhas plusvalías astronómicas e o enriquecemento duns poucos a conta da veciñanza compostelá”.

A Plataforma di que a urbanización da parcela de Peleteiro é urxente pero que tamén o é a dinamización da zona nova de Compostela. En este sentido poñen sobre a mesa unha serie demandas.

Reclaman algo amplamente debatido nos últimos anos como a necesidade de converter parte do espazo nunha praza pública aínda que piden que estea “ben orientada para favorecer a socialización e esparcemento da veciñanza”.

Outra das demandas recorrentes da veciñanza en xeral é a dun “centro de día con capacidade suficiente para atender a demanda crecente”. Piden ademais “un espazo suficientemente amplo que posibilite actividades de conciliación familiar”.

Outra das demandas é un “centro de exposicións e actividades de dinamización comercial para o comercio local e un salón de actos que posibilite actividades culturais que entren na programación cultural da cidade cun orzamento propio”.

Vivenda protexida

A Plataforma e moi crítica co goberno municipal e considera que o anuncio de vivenda protexida “é un enorme bulo que lle pasará factura ao Goberno Municipal xa que só trata de disfrazar un enorme pelotazo urbanísco cuns xigantescos beneficios e onde a nosa alcaldesa mais ben parece a comercial da empresa”.

Non só iso, a Plataforma considera que o outorgamento de esa vivenda protexida “está en mans da empresa e ela sabe ben como facer para filtrar ós propietarios que teñan dereito a ela. Hai sobrados exemplos en España”.

Estes veciños rematan o escrito considerando que “se o Goberno Municipal non rectifica, a veciñanza non lle vai perdoar esta traizón e terá que explicar porque pon os intereses da empresa construtora por diante da veciñanza como así fixo tamén o Goberno predecesor”.

Post navigation

Previous: Área Central elevada ao cubo
Next: O financiamento dos concellos a exame

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.