Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Compostela asina un novo pacto local polo emprego

Santiago de Compostela escenificaba onte a sinatura do V Pacto Local polo Emprego coa participación de distintos estamentos da cidade.
compostela-pacto-local-polo-emprego-slide-29-febreiro-2024_r

Compostela, 29 de febreiro do 2024 – O concello de Santiago de Compostela escenificaba onte a sinatura do V Pacto Local polo Emprego coa participación de distintos estamentos da cidade.

No acto participaron, ademais do concello de Santiago de Compostela, a Universidade, Cámara de Comercio, a Asociación Empresarial Polígono do Tambre, Hostelería Compostela, Hostalaría.gal, a Plataforma polo Emprego e os sindicatos UXT e Comisións Obreiras.

O concelleiro Xan Duro, en substitución de María Rozas, cualificou o documento asinado como “Unha folla de ruta para avanzar cara o modelo produtivo e laboral que queremos, e para facelo da man e de maneira colaborativa entre todos os axentes implicados, comezando polo propio Concello”.

O V Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela toma o relevo do aprobado en 2015 e que estivo vixente ata 2020. Contén tamén outras estratexias como a Axenda Urbana 2030 e ten como obxectivo “avanzar cara un mercado de traballo que ofreza oportunidades laborais de calidade para todos e todas, asentar as bases para implantar unha actividade económica produtiva e sostible, e impulsar políticas activas de emprego que integren os recursos públicos procedentes das diferentes administracións”.

Liñas estratéxicas

O pacto asinado en Compostela desenvólvese en torno a catro liñas principais. Apoiar as persoas para o emprego, impulsar o desenvolvemento económico e o emprego, fomentar a transición do modelo produtivo cara a sostenibilidade, e fortalecer o traballo en rede dos axentes públicos e privados.

Estas liñas concrétanse en 78 metas a alcanzar. O concelleiro Xan Duro explica que estas atenden a diferentes cuestións relacionadas co mercado laboral, “e nas que cobran máis importancia a conciliación, a igualdade, a sostenibilidade, o fomento da economía social e a economía verde, ou a aposta pola reindustrialización e a dixitalización; en liña coa Axenda Urbana 2030 e coas estratexias e normativas aprobadas nos ámbitos estatal e europeo”.

O V Pacto Local polo Emprego pon ademais o foco nos colectivos vulnerables, como o das mulleres, inmigrantes e persoas maiores de 45 anos “que tal e como se recolle na diagnose do propio Pacto requiren de políticas específicas por seren os que teñen maiores dificultades para o acceso e para o mantemento do emprego”.

O V Pacto Local polo Emprego foi asinado, ademais de polo concelleiro de Promoción Económica en funcións, Xan Duro; por Pilar Murias Fernández, vicerreitora de Estudantes e Cultura da Universidade de Santiago; María Pais Fajín, presidenta da Cámara de Comercio; José Fernández Alborés, presidente da Asociación da Área Empresarial do Tambre; Sara Santos, presidenta de Hostelería Compostela; Joaquín García Gutiérrez, Secretario Xeral de CCOO Santiago – Barbanza; Marisa Rodríguez Vázquez, Secretaria Xeral da UGT Compostela – Barbanza e Miguel Fernández Blanco, Presidente da Asociación Plataforma polo Emprego. Desculpou a súa presenza Lois Lopes, presidente da Asociación Hostalaría.gal.

Post navigation

Previous: Todo preparado para a XLIX Festa do Queixo de Arzúa
Next: Brión aposta por mellorar as competencias dixitais da veciñanza

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.