Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Facultade de Dereito protagonista da Nerd Nite de abril

usc nerdnite SLIDE 21 abril 2025

A sesión Nerd Nite desenvolverase o día 29, ás 20.00 horas, na Nave de Vidán e tratará as historias e os mitos sobre a Facultade de Dereito da USC

A Nerd Nite do mes de abril porá o foco na Facultade de Dereito e nas historias e mitos que alberga este centro da Universidade de Santiago de Compostela, a USC.

Na sesión participarán José María Miranda Boto, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da USC; Belén Trigo García, profesora de Dereito Civil da USC; e Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil e discípulo de Carlos Fernández-Nóvoa, en cuxa figura profundará.

A cita coa Nerd Nite será, como nas ultimas ocasións, na Nave de Vidán a partir das oito da tarde do vindeiro 29 de abril.

O profesor Miranda Boto percorrerá, na súa intervención, as celebridades que pasaron pola Facultade de Dereito. A seguir, Belén Trigo García pronunciará o relatorio titulado ‘Do batallón universitario e a Casa da Troia ás carpas douradas e a IA: outra historia de Dereito’.

Para rematar esta Nerd Nite de abril, Carlos Lema Devesa deterase no legado de Carlos Fernández-Nóvoa Rodríguez e lanzará a pregunta ‘Por que hai tantos cracks en mercantil da USC?’

Nerd Nites

As Nerd Nites, organizadas polo catedrático da USC Jorge Mira Pérez, son conversas divulgativas nas que especialistas de diferentes ámbitos dialogan co público das disciplinas que os apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.

As Nerd Nites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago de Compostela en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo.

Post navigation

Previous: A Xunta e o concello de Brión mellorarán as infraestrutuas educativas do municipio
Next: A Estrada, Teo e Lalín proxectarán vivendas pública

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.